Blogues

FORMACIÓN RADIO CON PEDRO IGLESIAS.

Esta semana os membros do Club de Radio tiveron unha formación sobre gravación e mestura de podcast impartido por Pedro Iglesias, especialista en comunicación gráfica, sonora e social.

Agora queda poñer en práctica o aprendido. En breve estarán nas ondas os seus podcast.

Despedida e final de Tam 2.

Que mellor maneira de rematar un libro que coa compañía das titoras dos membros do club, que nos acompañaron nunha sesión lendo con nós o final de Tam 2.

 

Doodle do 1º de maio

Que vos parece o Doodle do 1º de maio que elaboraron as alumnas e os alumnos de 6º de educación infantil A? Fixádevos ben nos detalles porque contemplaron unha chea de profesións cos seus utensilios!!!

 

Doodle do 8M

O alumnado de 6º Infantil A estiveron a traballar o Doodle do 8M deste ano 2023, e recrearon a súa propia versión. Botádelle un ollo a este vídeo!!

ENCONTRO CON CHARO GOLMAR.

Este xoves, a mestra e poeta Charo Golmar tivo un encontro co alumnado de Infantil 4 B. A autora de No bico do vento e Nobelo de luz faloulles da súa faceta de escritora, da súa relación cos libros e recitoulles uns fantáticos poemas.

Moitas grazas pola túa visita.

  

O MUSEO DO PRADO

Carolina e Claudia de 6º preséntannos o seu podcast sobre o Museo do Prado de Madrid. Mergúllate con elas nesta visita pola súa historia, as súas obras e os seus artistas.

 

OBRADOIRO TOCA-TOCA

O entomólogo Miguel Santamaría fixo un obradoiro co alumnado de 5º infantil A e 1º e 2º de primaria, amosando unha gran cantidade de "bichiños". Aquí unha mostra:

+ Premer na imaxe:

DÍA DA POESÍA 23

No club de Radio quixemos conmemorar o Día da Poesía cun podcast onde se recitan tres poemas: Dous de Charo Golmar “Primavera” e “Prefacio” e outro de Mónica I. Varela “Soños nas mans”.

  

Distribuir contido