Skip to Content

Plan de Ensino Virtual

Medidas e horarios espello en caso de confinamento de 3º-6º de Ed. Primaria.

Normas de Organización e Funcionamento

Estimadas familias.

Neste documento anexo aparecen reflexados de forma clara, os deberes e dereitos das persoas, os tempos asignados, as responsabilidades derivadas dos incumprimentos, as normas concretas de espazos específicos, etc., as cales, deben contribuír a reducir os ás veces inevitables conflitos, e a solucionar os que se produzan en base a unha normativa común, coñecida e aceptada por todas as persoas que formamos parte da comunidade educativa.

Pretendemos, coa colaboración de todos os sectores implicados, acadar un marco de convivencia que faga innecesario ou minimice a adopción de medidas disciplinarias e, en todo caso, cando estas sexan necesarias, contribúan á reeducación e formación do alumnado afectado.

Baixo o mesmo paraugas!!

Video

Día Internacional das persoas con Discapacidade

Para conmemorar este día, desde a biblio queremos aportar algunhas lecturas que nos axudan a comprender, aprender, respectar e empatizar, en definitiva, a loitar por unha sociedade máis xusta na que a inclusión sexa unha realidade!!

Álbum: Curso 20/21 -> Día Mundial da Discapacide

Día Mundial da Discapacidade

Día Mundial da Discapacidade

25 N

</div

O Lagostelle contra a Violencia de Xénero

O Lagostelle contra a Violencia de Xénero

Xogos no chan

Álbum: Curso 20/21 -> Xogos

Distribución das máscaras entre o alumnado de Primaria

Estimadas familias:

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade realizará unha achega complementaria, para que os centros docentes públicos dependentes da consellería  afronten no curso 2020/21 a cobertura das novas necesidades sanitarias derivadas da COVID-19, entre outras, a adquisición de máscaras para o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio (Educación Primaria) e educación especial.

 

Alumnado destinatario:

 

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

 

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

Nos documentos adxuntos aparecen a Orde e o modelo de solicitude.

Prazo: 16- 27 de novembro

 

Distribuir contido


by Dr. Radut