Estimadas familias.
Neste documento anexo aparecen reflexados de forma clara, os deberes e dereitos das persoas, os tempos asignados, as responsabilidades derivadas dos incumprimentos, as normas concretas de espazos específicos, etc., as cales, deben contribuír a reducir os ás veces inevitables conflitos, e a solucionar os que se produzan en base a unha normativa común, coñecida e aceptada por todas as persoas que formamos parte da comunidade educativa.
Pretendemos, coa colaboración de todos os sectores implicados, acadar un marco de convivencia que faga innecesario ou minimice a adopción de medidas disciplinarias e, en todo caso, cando estas sexan necesarias, contribúan á reeducación e formación do alumnado afectado.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
NOF Lagostelle 2023.pdf | 361.21 KB |