Skip to Content

Curso 2016-2017

Rexistro audiovisual dalgunhas das actividades e xuntanzas máis especiais no noso centro durante o presente curso escolar 2016-2017.

NADAL 2016

Unha vez máis o Nadal non pode faltar á súa cita anual, invadindo as nosas rúas, os nosos fogares e a nosa escola. Pero sobre todo...os nosos corazóns que se enchen de luz, ledicia e soños.

O Nadal enteiro é un agasallo. Aquí tedes o noso.

Os terroríficos arácnenos!

Este ano no CEIP Labaca pasamos un samaín de moito medo. Houbo moitas sorpresas e actividades. Entre elas, un taller que fixeron os nenos de 6º de Ed. Primaria para facer o seu propio disfraz e percorrer os arredores do colexio pedindo caramelos e asustando a xente que atoparon no camiño.

Aquí recollemos unha película interpretada polos terroríficos arácnenos e que leva o seu nome.

Esperamos que disfrutedes con ela e pasedes unha terrorífica ponte.

 Preme aquí para ver o vídeo.

Saída cultural aos bombeiros!

O pasado 28 de setembro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fumos a visitar aos bombeiros. Pasamos un día xenial e coñecemos moitas cousas importantes que debemos ter en conta na casa para previr os incendios.

Tamén fixemos obradoiros moi divertidos e falamos con bombeiros moi simpáticos que  nos contaron moito do seu traballo.

Aquí vos deixamos un enlace para ver o vídeo dos recordos dun día moi especial.

Preme aquí para velo.

¡Primeiro día de cole!

Xa se pode ver en Internet o vídeo coas fotografías feitas na primeira xornada do curso 2016/17.

 Comezamos o curso escolar cheos de moita ilusión e gañas de aprender. Os primeiros días de colexio responderon as nosas expectativas. Anécdotas de verán, reencontros emotivos e moita alegría foron os ingredientes principais. Pero coma unha imaxe vale máis que mil palabras, queremos compartir con todos vos este vídeo do primeiro día de colexio. Benvidos e benvidas a tod@s! Clic aquí para ver o video do primeiro día de cole.

Distribuir contido

by Dr. Radut