Skip to Content

EXPERIMENTOS DE 3º

O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA EXPERIMENTAMOS UN MONTÓN

MACEDONIA DE FROITAS

DANDO COMEZO Á PRIMAVERA, OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DECIDIMOS DESFRUTAR DUNHA MACEDONIA DE FROITAS PARA APRENDER A COIDAR A NOSA ALIMENTACIÓN. FALAMOS DO NECESARIAS QUE SON AS FROITAS PARA CRECER SANS E FORTES E AS NOSAS MESTRAS CONTÁRONNOS DESTA DIVERTIDA FORMA DE COMELAS, TODAS MESTURADAS!

PERA

FRESA

PLÁTANO

ZUME DE LARANXA

 

PICADE NA IMAXE PARA VER QUE BEN SE NOS DEU E O SABOROSA QUE ESTABA.

 

✧Women and Cinema✧ 6º E.P.

Biodiversidade 5º Infantil

 

Estudamos a BIODIVERSIDADE en 1º de Primaria.

VIVAN AS UÑAS DE CORES!

Co gallo de conmemorar o Día da Muller, 8M, dunha maneira especial e divertida para os nenos e nenas, organizamos unha sesión diferente.

 

 

Preme na imaxe!

 

As cores da pel

Os nenos e nenas de 2º de primaria traballamos a inclusión e a igualdade co conto As cores da pel de Coni La Grotteria. PICA NA IMAXE para ver o noso traballo!!!

Así traballamos a inclusión en Infantil.

 

 

Admisión de alumnado 23/24.

CALENDARIO DE ADMISIÓN Prazo de admisión: do 1 ao 20 de marzo Horario de secretaría: de 09:00 a 15:00 h. Posibilidade de descarga de impreso na seguinte dirección: htpps://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ ou na páxina da Consellería de Educación.

QUE FACEMOS POLA SOSTIBILIDADE?

QUE FAS TI POLA SOSTIBILIDADE?

Despois de facer as charlas de iniciación, de achegamento, aos conceptos básicos da sostibilidade e aos obxectivos do desenvolvemento sostible, quixemos comprobar ata onde entenderan a amplitude deste termo.

Concluímos que se centraran naquilo que coñecen e ao que están acostumados a traballar: reciclaxe, reutilización, aforro de auga, doazón de roupa e calzado...

Así a participación neste mural foi bastante elevada.

 

Que máis podes facer ti pola sostibilidade?

Esta pregunta resultoulles máis complicada de contestar e non tivo o éxito esperado, polo que concluímos que hai conceptos que se deben reforzar.

SOSTIBILIDADE abrangue o coidado da natureza, por suposto; pero tamén o coidado integral da persoa, facendo fincapé na igualdade a todos os niveis e na educación de calidade.

Celebrando o 50 Aniversario do colexio e as Letras Galegas 2023.

Curiosidades de Don Paco

O Monte Soutelo

Aquí podedes ver o que @s nen@s de 5º de Ed. Infantil, coa colaboración das súas familias, crearon.

Para iso deberes clicar na imaxe.

En breve escoitaredes nas nosas propias voces este conto.

 

 

Moitas grazas pola gran aportación e colaboración de cada unha das familias.

 

Sin vós, non sería posible.

 

Este traballo é moi importante para tod@s @s nen@s. 

 

Moitísimas grazas.

 

ACHEGAMENTO Á SOSTIBILIDADE

A pasada semana puxémonos mans á obra e comezamos a traballar no noso proxecto de sostibilidade comezando por un breve achegamento á mesma.

Que é o "Desenvolvemento Sostible"? é a pregunta da que quixemos arrincar para sentar as bases do resto de actividades; así como, cales son os obxectivos (ODS) que nos guían.

Realizamos catro charlas: dúas cos maiores e outras dúas cos máis pequeniños, para facer unhas exposicións adaptadas ás diversas idades.

Somos a xeneración do cambio!

Esta foi a presentación coa que empezamos e que contén algunhas actividades, vídeos e ligazóns para ampliar coñecementos. 

 

Pica na imaxe

Diploma outorgado pola R.A.G. no 2022

Aquí vos deixamos o diploma enviado pola Real Academia Galega en agradecemento á participación da mestra Mª Silvia Fdez. Friol, o pasado curso escolar, nas actividades do Seminario Galán dedicadas á figura e á obra de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022.

 

Xogamos con Don Paco ( Letras galegas 2023)

Actividade realizada polos nenos/as de 6º E.P

 

Reserva de praza nun centro de adscrición para o alumnado que cambia de etapa (alumnado de 6º)

Inícianse os trámites do procedemento (código ED550A) para a reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo abrangue do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta de admitidos, que se publicará antes do 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado o alumnado.

Enlaces para descargar:

FORMULARIO DE SOLICITUDE.

MANUAL-GUÍA PARA A SOLICITUDE DE RESERVA FAMILIAS.

 

APLICACIÓN INFORMÁTICA ADMISIÓN ALUMNADO.

Día da Non violencia de xénero

Samaín

Nadal

Aquí vos deixamos unha mostra do traballo sobre Fdez. del Riego

Podedes ver a colaboración dunha mestra do centro co Seminario Galán para homenaxear a Francisco Fernández del Riego.

Clicando na foto poderedes ver o traballo realizado.

Ide clicando en:

-autoría

-crono

-en liña

-en papel

-albúm

-obras

-máis

Así veredes o traballo realizado.

Esperamos que vos guste.

Dende a fiestra de Don Paco

Como xa sabedes o ano 2023 é moi importante para o noso pobo.

O noso veciño máis ilustre, Francisco Fernández del Riego, ao que todos chamaban Don Paco, é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Irémosvos contando a súa vida, pensamentos e inquedanzas ao longo do curso.

E ao mesmo tempo iremos amosando o noso concello. Aqui naceu, vivíu

e soñou dende a súa fiestra : unha Galicia orgullosa da súa lingua.

Polo ano 1998 foi  o pregoeiro da festa.

Como podedes ler no texto, sempre levou Lourenzá no seu corazón.

 

Vídeo-presentación Francisco Fernández del Riego.

PUZZLE Francisco Fernández del Riego

MEMORI Francisco Fernández del Riego.

Noite de Samaín

 

Co obxectivo de potenciar o galego e recuperar as nosas tradicións do Samaín, festa especial que os pobos celtas celebraban xa hai máis de tres mil anos, o alumnado de 5º de E.P. interpretou un conxuro para todo o colexio.

Prema aquí

Despedida INÉS

Solicitude Colaborador/a comedor 2022/23.

Solicitude Comedor 2022/23

Aberto o prazo para a solicitude do uso de comedor escolar para o vindeiro curso 2022-2023, poden descargar aquí os impresos ou solicitalos na secretaría do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut