Xa está aberto o prazo para a solicitude na participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 21 de xuño de 2024 (este incluido)
Podedes ver a orde que regula este procedemento picando AQUÍ.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ( ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou na aplicación fondolibros
Anexo I e II
Beneficiarios:
- No Fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º e 4º de Ed. Primaria( (xa que no noso centro 5º e 6º teñen E-Dixgal)
- As axudas para a adquisición de libros de texto están destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Ed. Primaria e en Ed. Especial.
- As axudas para a adquisición de material escolar son para o alumnado matriculado en Ed. Primaria.
Documentación:
- Solicitude (Anexo I)
- Anexo II ( (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Dependendo de cada situación persoal poderase aportar máis documentación.
O prazo para a entrega de solicitudes será do 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024.