Novas

LIBROS DE TEXTO

 

GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO

 

O DOG do 16 de maio publica a Orde do 27 de abril de 2016 que establece a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca as axudas para a adquisición de libros de texto e de material es colar

 

 AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

 

  • ALUMNADO AFECTADO: e 2º de EP e 2º e 4º da ESO.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

  • ALUMNADO AFECTADO: 3º, 4º, e 6º de EP e 1º e 3º da ESO.
  • OBRIGATORIO: Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2015/16.

A falta de devolución será causa de exclusión.

 

 AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR:

  • ALUMNADO AFECTADO: alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial.

 

 

Para cada unha das modalidades:

 

  • IMPRESOS: poderanse recoller na Conserxería, na Secretaría do centro ou no portal educativo a través do seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: ata o 23 de xuño de 2016.

  • ENTREGA DE SOLICITUDES: na Secretaría do centro no seguinte horario:

    • Os luns, mércores e venres de 11:30 a 12:50 h

    • Os martes e xoves de 11:30 a 12:20 h

  • A situación familiar e a renda per cápita establecerase con data a 31 de decembro de 2014.

 

Cuestionario de convivencia escolar

CUESTIONARIO DE RECOLLIDA DE DATOS SOBRE A CONVIVENCIA ESCOLAR

No marco de mellora da convivencia escolar que promove o Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, realízase unha recollida de datos masiva que ten por obxecto detectar cal é o clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que cumpran.

As familias que desexen participar poderán cubrir o cuestionario mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.

Para poder acceder a dita aplicación, cada familia recibirá unha clave que será entregada, polo centro educativo, en sobre pechado. O código só se poderá utilizar unha vez. En caso de ter algún problema con el ou precisar un novo, poderá poñerse en contacto coa dirección do centro e se lle facilitará outro novo.

O enlace para acceder á aplicación e onde debe teclear a clave ou código é o seguinte:

https://edu.xunta.es/convfamil

Segunda axuda para material

SEGUNDA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 

Segundo a Orde do 6 de novembro de 2015, poderán acollerse á segunda convocatoria de axudas para adquisición de material escolar, aquelas familias que non o fixeran na primera convocatoria ou que fosen excluídas por una causa enmendable.

 

Como na anterior convocatoria, estas axudas están destinadas ás familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 5400€.

 

A presentación de solicitudes realizarase na secretaria do centro de 11:30 h a 12:20h dende o día 11 ao 21 de novembro.

AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL

A Consellería vén de publicar hoxe, no DOG, a Orde do 25 de agosto pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas a alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos.

Para ter dereito a axuda é imprescindible ter unha renda per cápita, do exercicio do 2013, igual ou inferior a 5400€.

O prazo de presentación das solicitudes abrangue dende o 2 de setembro ata o 1 de outubro de 2015, na secretaría do centro de 11:30h a 12:30h

Unha vez presentada a documentación, poderase recoller o vale dos 50€ na secretaría do centro, en horario de 11:20 a 12:20 e os martes de 16:00 a 17:00h, dous días despois da entrega da solicitude.

Poderá recoller o vale unha persoa distinta á que solicita sempre e cando sexa autorizada, firme a recollida do vale e se faga responsable do mesmo.

Para máis información, podedes facer cilc aquí e ter acceso ao DOG.

 

VOLTA AO COLE

INFORMACIÓN

A dirección do centro quere informar a todas as familias de que as clases comezarán o xoves, 10 de setembro de 2015, en horario normal de 9:35 h a 14:35 h., para os alumnos que van comer á casa e, ata as 16:00 h, para os alumnos que fagan uso do comedor.

Os servizos de comedor e transporte funcionarán con normalidade dende ese mesmo día.

Libros de texto 2015/2016

LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2015/2016

Se queredes ver o listado de libros de texto para o vindeiro curso, facede clic no arquivo adxunto.

RECORDASE ÁS FAMILIAS DOS ALUMNOS DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA QUE NON DEBEN MERCAR O LIBRO DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA (MÚSICA).

ATENCIÓN

ATENCIÓN

 

Debido a unha reunión de claustro de mestres, o luns 29 de xuño a secretaría do centro só estará aberta de 9.30h  a 11:00 h

Fondo solidario de libros de texto

RECOLLIDA DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO SOLIDARIO

As familias do alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria que teñan que recoller libros no centro educativo poderán facelo a partir da semana que vén, entre o 7 e o 9 de setembro. Aínda non están dispoñibles os libros de matemáticas e ciencias sociais.

Disculpade as molestias.

Moitas grazas.

Axudas para libros de texto

RECOLLIDA DOS VALES PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

As familias do alumnado que, rematado o prazo, solicitasen a axuda para a adquisición dos libros de texto (alumnado de 1º, 2º, 4º e 6º), poderán pasar a recoller o VALE a partir do día 2 de xullo. O centro permanecerá aberto ata o 17 do mesmo mes.

Pregamos que entre o 1 e o 10 de setembro se entregue na secretaría ou na dirección do centro unha COPIA DO VALE, asinado polo solicitante da axuda e a libraría.

Moitas grazas.

GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO

O luns 1 de xuño saíron publicadas no DOG as axudas para a adquisición de libros de texto e o fondo solidario de libros de texto.

Explícase a continuación e a grandes rasgos o máis importante de cada unha das ordes.

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO (procedemento ED330B)

A INFORMACIÓN relativa a ditas axudas atópase na Orde do 22 de maio de 2015, publicada no DOG do 1 de xuño.

ALUMNADO AFECTADO: 1º, 2º, 4º e 6º de EP

IMPRESOS: poderanse recoller na Conserxería ou na Secretaría do centro ou ben facendo clic aquí

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: do 2 de xuño ao 30 de xuño. As solicitudes entregaranse na Secretaría do centro no seguinte horario:

Os luns, mércores e xoves de 11:30 a 12:50 h

Os martes e venres de 11:30 a 12:20 h

IMPORTANTE:

Para ter dereito á axuda o/a alumno/a terá que ENTREGAR NO CENTRO os libros adquiridos coas axudas do curso 2014/2015, ANTES DO 19 DE XUÑO, agás o alumnado de 1º e 2º e o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

A situación familiar e a renda per cápita establecerase con data a 31 de decembro de 2013.

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

A INFORMACIÓN relativa a ditas axudas atópase na Orde do 21 de maio de 2015, publicada no DOG do 1 de xuño.

ALUMNADO AFECTADO: 3º e 5º de EP

IMPRESOS: poderanse recoller na Conserxería ou na Secretaría do centro ou ben facendo clic aquí

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: do 2 de xuño ao 30 de xuño. As solicitudes entregaranse na Secretaría do centro no seguinte horario:

Os luns, mércores e xoves de 11:30 a 12:50 h

Os martes e venres de 11:30 a 12:20

IMPORTANTE:

Para ter dereito á axuda o/a alumno/a terá que ENTREGAR NO CENTRO os libros adquiridos coas axudas do curso 2014/2015, ANTES DO 19 DE XUÑO, agás o alumnado de 1º e 2º e o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

A situación familiar e a renda per cápita establecerase con data a 31 de decembro de 2013.

 

 

Distribuir contido