Novas

INSTRUCIÓNS COMEDORES ESCOLARES 22/23

Publicadas as instrucións sobre o funcionamento dos comedores escolares para o curso 2022/2023

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o alumnado.

O modelo de Autodeclaración poderá ser presentado presencialmente ou  vía correo electrónico do centro educativo acompañado do volante de empadronamento no que figuren todos os membros da unidade familiar.

ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal

 

MODELO DE AUTODECLARACIÓN

 

INSTRUCIÓN 2/2022

 

Adxuntamos enlace da calculadora:

 

CALCULADORA PARA A AUTODECLARACIÓN

LISTADO LIBROS DE TEXTO 2022 - 2023

 

Nos seguintes enlaces poderedes acceder á listaxe dos libros de texto para o curso 2022-2023.

O próximo curso cambian libros en 1º e 3º de Primaria.

MIRADE BEN, HAI LIBROS QUE NON HAI QUE MERCAR (OS QUE ESTÁN REMARCADOS).

 

1º Primaria 

2º Primaria

3º Primaria

4º Primaria

 

Non hai listaxe de libros de texto para o alumnado de 5º e 6º de Primaria por participar no proxecto Educación dixital E-Dixgal.

 

 

Becas NEAE 2022 - 2023

Aberto o prazo para a solicitude de Becas e Axudas para Alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2022 - 2023.

 

PRAZO: do 19 de maio ao 30 de setembro do 2022

 

As solicitudes, tal e como se explica na resolución pola que se convocan as axudas, han de entregarse no centro docente no que os solicitantes vaian seguir os estudos durante o curso académico 2022 - 2023.

 

Para máis información clica AQUÍ

 

 

Enlace á sede electrónica AQUÍ

 

 

 Para máis información chame ao Departamento de Orientación do centro.

 

 

Ampliación Admisión en Sede Electrónica

INFORMACIÓN SECRETARÍA:

 

Por motivos técnicos, a sede electrónica da Xunta de Galicia vén de ampliar 24 horas a presentación de solicitudes para o procedemento "ED550B - Admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos". Esta ampliación de prazo atinxe en exclusiva ás solicitudes presentadas por esta vía estando o prazo finalizado para a presentación por calquera outro medio.

Secretaría.

ADMISIÓN ALUMNADO (ACCESO Á PÁXINA)

MENÚ ESCOLAR MARZO 2022

 

taboa menu marzo

Clica na imaxe para acceder ao menú en PDF

Admisión Curso 2022 - 2023

Procedemento ordinario de admisión de alumnado.

PRAZO 1 AO 21 DE MARZO

O alumnado xa matriculado no centro non ten que facer ningún trámite.

Na páxina de secretaría atoparedes toda a información relativa a este procedemento.

 

As familias que desexen solicitar a admisión dos seus fillos/as no noso centro educativo poderán facelo de dúas maneiras:

  • Telemáticamente accedendo á páxina de Admisión Alumnado, é imprescindible identificarse con Chave 365 ou Certificado Dixital.
  • Manualmente cubrindo o formulario e presentándoo na Secretaría do Centro, en horario de 11:30 a 12:20 de luns a venres (imiprescindible solicitar cita previa no 881 930 417) O centro facilitará as fotocopias do formulario ás familias que o precisen. 

 

A documentación a presentar é a seguinte:

  • Anexo II debidamente cuberto e asinado
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (libro de familia, DNI...)
  • Resolución xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor, se é o caso

 

Na mesma solicitude os representantes legais do alumno/a deberán manifestar se desexan ou non utilizar os servizos complemetarios (Transporte e comedor). 

Toda a documentación deberá ser orixinal ou copia cotexada; bastará para iso co selo do centro.

MENÚ COMEDOR: FEBREIRO 2022

 

 

Clica na imaxe para acceder ao menú en pdf

 

 

Distribuir contido