Portada
CEIP JOSÉ MARÍA LAGE
Pedro Castiñeiras s/n
15330 ORTIGUEIRA
Correo electrónico: ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal
Teléfono: 881 93 04 17
Listaxes Provisionais de Fondo Libros
Publicadas as listaxes provisionais de Fondo Libros e axudas de material escolar do curso 24-25
Publicadas a día de hoxe as listaxes provisionais de Fondo Libros e Axudas para Material Escolar, habiliataranse dous días para posibles reclamacións (3 e 4 de xullo) en horario de 11:00 a 13:00 horas.
- As listaxes do Fondo de Libros (3º e 4º) están no taboleiro de anuncios do Colexio, e poderedes consultalo a través da aplicación Fondo Libros coa Chave 365.
- As listaxes de Axudas de Material Escolar consultaranse persoalmente coa Secretaria do Centro.
As listaxes definitivas publicaranse o luns 8 de xullo.
A entrega de vales de libros e material realizaranse entre o luns 8 de xullo e o venres 12 de xullo en horario de 11:00 a 13:00.
A entrega será de xeito persoal ao solicitante/conxuxe, ou con autorización por escrito a outra persoa.
Aquelas familias que non puidesen vir neste horario que contacten co centro educativo (881 930 417).
Os vales que queden pendentes de entrega serán entregados en setembro.
Calendario escolar 2024-2025 e instrucións
CALENDARIO ESCOLAR 2024-2025
ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para ocurso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia
- PENDENTE DE APROBACIÓN DOS DÍAS NON LECTIVOS SOLICITADOS POLO CENTRO. Solicitados o 4 de novembro e 2 de maio.
INSTRUCIÓNS PARA O CURSO 2024-2025
RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación eInnovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvementodas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundariaobrigatoria e bacharelato no curso académico 2024/25.
INSTRUCIÓN COMEDORES ESCOLARES 24-25
Publicadas as instrucións sobre o funcionamento dos comedores escolares para o curso 2024-2025
Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o alumnado.
O modelo de Autodeclaración poderá ser presentado presencialmente ou vía correo electrónico do centro educativo acompañado do volante de empadronamento no que figuren todos os membros da unidade familiar.
ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal
Adxuntamos enlace da calculadora:
LISTADO LIBROS DE TEXTO 2024-2025
No seguinte enlace poderedes acceder ao listado de libros de texto do curso 2024- 2025.
LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025
Non hai listaxe de libros de texto para o alumnado de 5º e 6º de Primaria por participar no programa dixital E-DIXGAL.
COLABORACIÓN DO CICLO DE MADEIRA DO IES DE ORTIGUEIRA CO COLEXIO
Este curso iniciamos a andaina da Comisión de Dinamización dos Patios. A comisión está composta por profesorado do centro, representantes de pais e nais do Consello Escolar e membros da ANPA Curuxeira.
A idea é ir pouco a pouco dotando aos patios de espazos de maior calidade así coma de materiais e recursos para diversificar as posibilidades de entretemento no tempo de lecer.
O xoves 25, grazas a colaboración do Ciclo de madeira do IES de Ortigueira, ampliamos a dotación no patio "dos maiores". Esa mañá achegáronse dous profes do ciclo, xunto a unha representación do alumnado e entregáronos un xogo de fichas de damas e outro para xogar ao tres en raia. Tamén asistiron á entrega varios membros da ANPA, representantes do alumnado do colexio e a directora do centro.
Queremos agradecer ao ciclo de madeira a súa boa disposición a axudarnos. Sempre dispostos a botar unha man.
Tamén agradecer a colaboración da ANPA Curuxeira nesta actividade, que organizou e donou o taboleiro para a realización das pezas.
E o venres 26, na celebración dos Maios, estreamos o photocall feito tamén polo ciclo de madeira. Mirade que chulo quedou adornado con flores feitas no cole.
Seguro que lle daremos moito uso. Grazas a todos os mestres e alumnado que traballou neste proxecto.
CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL
O pasado venres, 21 de abril, organizamos unha carreira solidaria na que participou toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias.
Trátase da 8ª Carreira Solidaria A Volta ao Cole contra a leucemia infantil. Unha carreira na que todos gañamos.
No seguinte vídeo poderedes ver a todo o centro participando na carreira.
Admisión Alumando
Enviado por Anónimo o Xov, 2023-03-23 12:05INFORMACIÓN SECRETARÍA
Unha vez rematado o prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión para o curso académico 2023/2024, comunícase que non é necesario presentar documentación para a baremación, xa que todo o alumnado obtén praza no noso centro.
A listaxe provisional sairá o 24 de abril e será publicada nos taboleiros interiores do centro. Tamén se poderá consultar a través da sede electrónica da Xunta con certificado dixital ou Chave 365.
Lembrar que a formalización de matrícula de 4º de Educación Infantil se fará o día 27 de xuño ás 11:00, tras a reunión coas titoras de Educación Infantil.
Revista Escolar Curso 22-23
Ola a todos e todas! Aquí tedes o último número da Revista Escolar "A Nosa Voz".
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, con motivo da Semana da Prensa elaboramos esta revista coas diferentes aportacións do alumnado do centro.
Agradecemos a vosa participación!
PREME NA IMAXE DA ESQUERDA PARA VER O CONTIDO.