Revista Escolar Curso 22-23
Ola a todos e todas! Aquí tedes o último número da Revista Escolar "A Nosa Voz".
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, con motivo da Semana da Prensa elaboramos esta revista coas diferentes aportacións do alumnado do centro.
Agradecemos a vosa participación!
PREME NA IMAXE DA ESQUERDA PARA VER O CONTIDO.
Dígocho Eu - Olimpíadas Rurais
Enviado por Anónimo o Xov, 2023-03-02 14:25Xa está publicado o vídeoclip das Olimpíadas Rurais, que o artista Diego de Braelle, o noso veciño de Couzadouiro presentou ao Concurso Unha canción para Esther, do programa da TVG Dígocho Eu.
Foi unha xornada de xogos e probas que se fan nas Olimpíadas Rurais de Couzadoiro, bailes e risas, onde fomos partícipes en primeira persoa do traballo audiovisual que se fai na televisión.
Aquí está o resultdado final! Agardamos que o desfrutedes!
PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER AO VÍDEO
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ORDINARIA (1 - 20 MARZO)
Enviado por fani.perez o Mér, 2023-03-01 09:30
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ORDINARIA
(1 - 20 MARZO)
A presentación da solicitude pode facerse telematicamente na páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ con certificado Dixital ou Chave 365.
As vacantes ofertadas polo centro, están visibles no Taboleiro de Anuncios da entrada do Colexio.
De facerse a solicitude no centro de forma presencial, deberedes achegar a seguinte documentación:
- Anexo II e Anexo II-bis debidamente cuberto e asinado por ambos proxenitores.
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (libro de familia, DNI...)
- Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar.
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
- Resolución xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor (de ser o caso).
- Certificado de discapacidadeda persoa solicitante ou membros computables da unidade familiar (de ser o caso).
- Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero (de ser o caso).
- Certificado de vítima de terrorismo (de ser o caso).
No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta de datos, deberán indicalo no recadro correspondente dos Anexos e achegar os documentos correspondentes
O HORARIO DE ATENCIÓN A FAMILIAS DA SECRETARÍA NO CEIP JOSÉ MARÍA LAGE É DE 11:30 A 12:20 HORAS DE LUNS A VENRES.
As listaxes de admitidos publicaranse na web Admisión de Alumnado e no taboleiro de anuncios do Centro Educativo.
- Listaxe Provisional: 25 de abril (5 días para hábiles para posibles reclamacións)
- Listaxe definitiva: 15 de maio
Formalización de Matrícula: do 20 ao 30 de xuño
Reserva de praza IES de Ortigueira
Enviado por fani.perez o Mar, 2023-01-17 12:33
RESERVA DE PRAZA NO IES DE ORTIGUEIRA
Dende o día 15 de xaneiro está aberto o prazo para a reserva de praza no IES de Ortigueira para o alumnado de 6º de Educación Primaria; por ser o IES adscrito que nos corresponde; aínda que despois a matrícula se realice noutro instituto (segundo o Decreto 13/2022 de 3 de febreiro e a Orde do 21 de outubro de 2022).
O alumnado de 6º de Educación Primaria levará unha copia impresa facilitada dende o centro educativo.
Todo o resto do alumando do centro, terá asegurada permanencia o próximo curso e non terán que facer reserva de praza, é só para o alumnado de 6º de Educación Primaria.
ACCESO Á APLICACIÓN ADMISIÓN DE ALUMNADO
Rúa da Inclusión
Enviado por Anónimo o Mar, 2022-12-13 17:26O alumnado de 5º e 6º precisa da vosa colaboración para a racadación de firmas no seu proxecto.
Moitas rúas toman o seu nome de persoas ou colectivos importantes, sucesos históricos ou conceptos significativos; pero no noso país non hai ningunha rúa adicada á inclusión.
Cremos que a existencia desta rúa contribuirá á creación dunha sociedade máis inclusiva e invitará á reflexión de todos os pasen ou vivan nela. Será un xesto que permanecerá na nosa localidade e falará da nosa sensibilidadede cara tan importante asunto.
Tras falar co Alcalde da nosa vila, e que lles explicase como é o proceso de cambio de nome dunha rúa, están agora na recollida de firmas para adxuntar á instancia.
Se lles queres axudar, clica AQUÍ.
MAGOSTO 2022
Hoxe, venres 11 de novembro, Día de San Martiño, celebramos no cole o Magosto. Este año tivemos a colaboración especial da ANPA CURUXEIRA, a asociación de pais e nais do noso centro.
Nais e pais voluntarios desta asociación achegáronse ao centro desde primeira hora da mañá para asar as castañas que viñeron da man de Ecofroitas do Ortegal, unha pequena empresa do Mosteiro (Barbos) que se adica á produción ecolóxica de diferentes froitas, entre elas estas ricas castañas, que logo foron degustadas por toda a comunidade educativa.
Clicando na foto accederedes á galería de fotos do Magosto
E xunto co Magosto, celebramos tamén o Día do Peón, que xa sabemos todos que:
"Polo San Martiño,
peóns ao camiño."
Desde o centro, queremos darlles as grazas á ANPA Curuxeira, pola axuda proporcionada.
Información Edixgal
Edixgal 22-23 de perezyanez