3º E.P.

CC. NATURAIS: PLANTAS (Tipos, curiosidades e reprodución)

Bos días!

Envíovos uns vídeos para que repasedes os tipos de plantas, vexades curiosidades sobre algunhas delas e vos fixedes nos dous tipos de reprodución que poden realizar (sexual ou asexual), segundo o tipo de planta de que se trate.

 

Propóñovos tamén uns RETOS (se non os sabedes resolver xa, non vos preocupedes, podedes atopar a solución nos vídeos que vos achego!):

 

1.  Mediante que proceso liberan osíxeno as plantas? 

 

2.  Cantas persoas se necesitarían para abrazar a árbore de Tule? (Vídeo sobre curiosidades)

 

3.  Que necesitan as plantas para fabricar o seu alimento?

 

4.  Que tipos de polinización existen?

 

5.  Sabes dicir que tipo de reprodución ten a pataca? 

 

ÁNIMO e ADIANTE!

 

https://www.youtube.com/watch?v=ThbSPNlRz0o

 

https://www.youtube.com/watch?v=wBjaQuyMr18

 

https://www.youtube.com/watch?v=GIdzNQqsr74

 

https://www.youtube.com/watch?v=eAaZ_uo3mXo

 

https://www.youtube.com/watch?v=LLlTJRd4EyQ

 

https://www.youtube.com/watch?v=gXpHJDhU48M

C. SOCIAIS (Continuamos!)

Repasamos:

-        Sector primario: son traballos que obteñen materias primas animais e vexetais.

-        Sector secundario: son os traballos que transforman as materias primas en produtos elaborados.

-        Sector terciario: son os traballos que non obteñen produtos, senón que prestan servizos.

 

Agora que xa coñeces os distintos sectores nas profesións, realiza a seguinte actividade:

- Escribe 4 persoas que coñezas coas súas profesións e clasifica a que sector pertence cada unha.

(Por exemplo: Paula - guía turística - sector terciario)

CIENCIAS S.: VÍDEOS SECTORES

 

Boas!

Aquí vos deixo uns enlaces a uns vídeos sobre o tema dos sectores nas profesións.

RETO:

Nun dos vídeos aparece un oleiro...

Saberías dicir en cal dos vídeos e en que minuto e segundo do vídeo aparece?

ÁNIMO !

 

https://www.youtube.com/watch?v=5ns5zI7nL5I

 

https://www.youtube.com/watch?v=INY7f3T3v1w

 

https://www.youtube.com/watch?v=bndRw2TMtmQ

 

https://www.youtube.com/watch?v=ufk9Y3hjFws

OS TRABALLOS POR SECTORES

     Bos días a tod@s!

 

Sabedes que os distintos tipos de traballo pódense clasificar en tres sectores?  Estes son:

- sector primario (agricultura, gandaría, pesca e minaría).

- sector secundario ou industrial (industria, artesanía, construción).

- sector terciario ou de servizos (servizos educativos, servizos sanitarios, transportes, comercio, turismo).

 

E agora, saberías clasificar por sectores:

- A olería de Buño

- A pesca en Malpica

- E aos teus mestr@s do cole?

         Ánimo!

 

Personificación

BOS DÍAS a tod@s!

Neste tempo espero que xoguedes, continuedes sendo creativ@s, leades, continuedes coa reciclaxe...

Pero que tamén organicedes un tempo diario para repasar contidos escolares (por exemplo, podedes facer dúas páxinas das propostas cada día!) e adicar o resto do tempo a todo o demais!

 

Inclúo unha definición dun termo novo que aparece nunha das actividades de Lengua ("Atención y Comprensión Lectora"):

 

PERSONIFICACIÓN:

Na literatura:
Figura retórica de pensamento que consiste en atribuír aos seres inanimados características e cualidades propias dos seres animados, ou aos seres irracionais, actitudes propias dos seres racionais ou en facer falar a personas finxidas mortas ou ausentes.
 
 
 



 
Dun xeito máis sinxelo: facer como se os animais ou cousas fosen persoas, facéndolles falar, actuar ou reaccionar como as persoas!
 
 
Moito ánimo!!!
 
 
 

Actividades propostas para 3ºEP

 

PAUTAS DE TRABALLO E PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES

 

Materias

Recursos

Periodicidade do traballo na casa

Linguas (L. Galega e L. Castellana)

- Cadernos de SANTILLANA

 (Enlaces de 2º e 3º trimestre).

- Plataforma SNAPPET

- Diaria

(Alternar semanalmente Lingua Galega/Lengua Castellana).

Unha unidade temática de cada/quincena.

- Semanal.

 (1 día/semana)

Matemáticas

- Caderno de SANTILLANA

(Enlaces de 2º e 3º trimestre).

- Plataforma SNAPPET

- Diaria

Unha unidade temática/quincena.

- Semanal.

(1 día/semana)

Ciencias (C. Naturais e C.Sociais)

- Web do centro

(Publicación semanal alterna de C.Sociais/C. Naturais)

- Semanal

(Alternar semanalmente C. Sociais/ C. Naturais).

 

Valores Sociais e Cívicos

- Web do centro

(Publicación quincenal)

- Semanal

 

(Programación mentres duren as circunstancias actuais).

OBSERVACIÓNS:

Lembrar tamén en EduCLAN TV: Emisión de contidos educativos das distintas materias (en horario de 10-11 da mañá para idades 8-10 anos) de luns a venres. Esta proposta flexible queda suxeita á posibilidade e recursos dos que se dispoñen.  Valoraranse posibles modificacións en función das necesidades que se detecten ou requiran.

As dúbidas poden enviarse ao correo do centro: ceip.joaquin.rodriguez@edu.xunta.gal  ou por abalarMóbil.

As actividades dos cadernos de Santillana pódense facer nunha libreta ou papel do que se dispoña, ou ben imprimilas.  Usar CHROME para acceder aos enlaces.

 

ACCESO OS CADERNOS DE ACTIVIDADES ON LINE

Lengua castellana

Lingua galega

Matemáticas

 
         
 

Actividades propostas para 3ºEP (31 marzo - 15 de abril )

1ª semana:

- Erguerse, almorzar, ver os contidos educativos de Clan TV (de 10-11h da mañá,de luns a venres).

- Facer as tarefas do caderniño de Lingua Galega e o de Matemáticas diariamente (Proposta: podes facer dúas páxinas por día da unidade correspondente de Lingua e unha páxina de Matemáticas e logo repasar).

- Facer as actividades de C. Sociais da web do colexio nesta semana.

 - Se tes posibilidade, entra en Snappet.  Revisa o manual e comeza a familiarizarte coa plataforma.

 - Le ou escoita un conto que che guste para Valores (pensa nas emocións que aparecen).

 

 2ª semana:

- Erguerse, almorzar, ver os contidos educativos de Clan TV (de 10-11h da mañá, de luns a venres).

 - Facer as tarefas do caderniño de Lengua Castellana e o de Matemáticas diariamente (Proposta: podes facer dúas páxinas por día da unidade correspondente de Lengua e unha páxina de Matemáticas e logo repasar).

- Facer as actividades de C. Naturais da web do colexio nesta semana.

- Fai as actividades que se propoñan en Snappet.

 - Le ou escoita un conto que che guste para Valores (pensa nas emocións que aparecen).

 E, especialmente, non esquezas:

 - Rir todo o que poidas.

- Intentar facer cousas novas coas que te sintas feliz.

- Disfrutar dos momentos coa familia, involucrándote tamén nas tarefas diarias.

- Establecer unha rutina diaria onde todo o proposto teña cabida (por exemplo, centrar as mañás en actividades máis académicas -o traballo de aula- e as tardes noutras máis lúdicas -xogar, debuxar, bailar, cantar...-).

Con todo o exposto seguro que sabes programarte un horario diario (coloca os días da semana, as horas e as actividades)!

Espero que todas estas orientacións che axuden moito.

 

Un saúdo.  Moito ánimo!

 
LENGUA CASTELLANA

LINGUA GALEGA

MATEMÁTICAS

CIENCIAS SOCIAIS

  • Unidade 6

  • Unidade 5

 

   

 

Actividades propostas para 3ºEP (16 marzo - 30 de marzo )

 

Proposta de actividades para 3º e 4º

 

LENGUA CASTELLANA

LINGUA GALEGA

 

MATEMÁTICAS

 

 
Propostas Educación Artística (Música e Plástica)

 

 

 

 

 

Copiar ou imprimir a actividade para a súa realización. Presentar á titora unha vez reiniciadas as clases.

Para consultar dúbidas empregar o correo electrónico do centro ou o abalarmóbil.

Santiago de Compostela

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Esperamos que vos guste o cómic que fixemos en 3º sobre unha lenda de Santiago de Compostela.