Actividades
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA: 8 DE MARZO
O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora. Dende o colexio, leváronse a cabo diferentes actividades para conmemoralo. Unha delas é o xogo de adiviñas do que a continuación se mostra unha imaxe. Aínda estades a tempo de participar, animádevos!
Para máis información sobre o Día Internacional da Muller Traballadora, preme na imaxe.
HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
O día 24 de Febreiro do 2015 cumpríronse 178 anos do nacemento da escritora e poetisa galega Rosalía de Castro, autora de poemarios como Cantares Gallegos e Follas novas.
Dende o colexio fíxoselle unha homenaxe. As alumnas e alumnos leron e cantaron varios dos seus poemas e viron unha presentación sobre a súa biografía. Para isto, contouse co traballo e coordinación da biblioteca, música, Normalización Lingüística e TICs.
DÍA DA PAZ
PREME NA POMBA PARA VER O VÍDEO
MURAL DE DESEXOS POLA PAZ REALIZADO POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DO CENTRO.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »