Concurso de fotografía e vídeo QUE É PARA TI A COSTA DA MORTE?
|
|
Dirixido ao alumnado matriculado (2019-2020) en calquera centro de ensino dos concellos do GDR Costa da Morte.
|
|
O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte que agrupa 17 concellos (Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas) convoca a primeira edición do concurso de fotografía e clips de vídeo online #MarcaCostadaMorte para fomentar entre o alumnado á posta en valor das paisaxes, patrimonio, mar, agro, industria... que dan identidade ao territorio
As persoas participantes deberán publicar unha fotografía/clip en Instagram desde o perfil de usuario/a da aplicación. A foto/clip deberá conter unha imaxe ou escena localizada no territorio do GDR Costa da Morte: paisaxes, persoas, produtos, etc, xa sexa en interior ou en exterior. O prazo de publicación de imaxes ao concurso e as votacións das persoas participantes establécese dende o 1 ao 31 de xullo de 2020. Para máis información podedes contactar no correo info@terratlantica.gal. Enviamos un modelo de autorización para a participación de menores e achegamos o cartel e as bases do concurso en formato PDF para a súa difusión. Un cordial saúdo, GDR Costa da Morte |
|
Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte
Edificio Servicios Múltiples. / Rúa A Torre, s/n / 15129 - Vimianzo Tel.: 981 71 73 58 |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Resumo_Bases_Concurso_Instagram_CostadaMorte.pdf | 256.15 KB |
Bases_Concurso_Instagram_CostadaMorte_final.pdf | 544.71 KB |
Consentimento_Menores_Concurso_CostadaMorte.pdf | 97.24 KB |