Bos días!
|
|
Espero que esteades moi ben. Parabéns polas tarefas! Envíovos unhas pequenas anotacións: - Recordade ler ben o texto para respostar nas preguntas de comprensión (pode ser preciso lelo máis dunha vez, ou retomar o texto). Lembrade que a lectura en voz alta pode resultar moi útil. - Tamén que “nunha” pregunta pode haber dúas ou máis cuestións. (Fixádevos ben en respostar a todo o que vos preguntan no enunciado!: lédeo con calma e pensade no que ides contestar antes de facelo). - Convén que teñades a man papel e lapis, bolígrafo… (Para varias actividades o ides necesitar e/ou vai vir moi ben). - Cando teñades que pasar varias unidades de medida a unha soa unidade, ídeo facendo por partes: primeiro unha, logo outra… e ao final facedes a suma (unha vez teñades todo na mesma unidade de medida). Por exemplo: 93hm 229dm= 93000 dm + 229dm= 93229 dm. (93hm x 1000= 93000) 9km, 6dam e 1 m= 9000m+60m+1m= 9061m. |
|
Déixovos un pequeño cadro coas medidas de repaso: |
|
Proposta de tarefas para esta semana (do 11/5/20 ao 15/5/20):
LUNS: Lengua (actividades enviadas por Snappet). MARTES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet). MÉRCORES: Lengua (actividades enviadas por Snappet). XOVES: Matemáticas (actividades enviadas por Snappet). VENRES: Ciencias Sociais. Vídeos e retos para facer. |
Imos celebrar as Letras Galegas, así que vos quedan tamén unhas actividades ao respecto.
Actividades Letras Galegas (recoméndase uso de navegador Chrome) |
|
Biografía de Carvalho Calero |
Actividades on lineActividades para imprimir (opcional) |
Actividades de Educación Artística |
Espero que pasedes unha moi boa semana. Ánimo!
Maita