Recopilación de receitas presentadas polo alumnado .Podes achegar a túa receita a través do correo do centro. |
||
PASTAS DE MEL(Para facer 35- 40 pezas)Ingredientes:300 g de fariña½ sobre de fermento en po50 g de mel100 g de azucre en po80 g de manteiga1 ovo1 culleradiña de canela moída½ culleradiña de clavo moído e anís estreladomanteiga para untar a bandexa do fornomerengue (2 claras e 250 g de azucre glas)moldes cortapasas con formasPreparación:1. Tamizamos a fariña e mesturamos co fermento en po.Quentamos ao baño María o azucre, o mel, a manteiga e vertemos o líquido na fariña.Agregamos un ovo e as especias moídas e traballamos a masa.Tapamos cun paño de cociña e deixamos repousar durante unha hora como mínimo (é mellor deixala repousar dun día para outro).2. Estendemos a masa co rodillo e cos cortapasas recortamos as pastas e colocámolas na bandexa no forno untada con manteiga, a 190ºC. En canto estén cocidas, sacámolas a enfriar.NOTA: Unha vez frías decoramos co merengue. Facemos un cucurucho de papel ao que lle cortamos a punta e deixamos voar a imaxinación para decorar. O merengue ten que estar espeso a punto. (Para facer o merengue: batemos as claras e pouco a pouco agregamos o azucre glas tamizado e traballamos ata que o resultado sexa brillante e espeso. Se vemos que queda líquido engadimos un pouco máis de azucre).VARIACIÓN: Antes de cocer as pastas podemos untalas con ovo batido e adornalas con metades de noz, améndoas ou froita confitada.BO PROVEITO!
|
||