Crea un xogo motor.

PROPOSTA DESDE A ÁREA EDUCACIÓN FÍSICA:

Gustaríame proporvos un reto motor. É o seguinte:

-           Seredes capaces de deseñar un xogo motor con diferentes probas e puntuacións?

-           Podedes adaptar un xogo de mesa e transformalo nun xogo motor?


Escollede unha das dúas opcións, implicade ao resto da familia e ... SUMADE SAÚDE ENTRE TODOS!!!

A continuación, déixovos un exemplo dun xogo que fago na miña casa?  Espero que vos guste!!! 

Obxectivo do xogo: conseguir 20 puntos entre toda a familia. Colle un dado e lánzao (tirando por quendas de 1 en 1). Realiza a tarefa dese número.

1.        Toques con papel hixiénico ou con pelota (establecer número de toques, por exemplo 3). Pódense facer coa man, co pé, con raquetas (se dispomos delas)..................................................................... 1 punto.

2.            Deseña un baile de 30 segundos e realízao diante da familia (podes escoller a túa canción favorita) ............................................. 2 puntos.

3.           Lanzamentos de precisión (encestar o papel hixiénico, pelotas ou calquera material nunha papeleira ou cubo colocado a certa distancia e conseguir tantas canastras como se mande. Outro exemplo sería lanzar o papel hixiénico e derrubar botellas ou latas,?)...................  3 puntos.

4.  Exercicios de tonificación: ferros, saltos, sentadillas,...establecendo primeiramente o número de repeticións (por exemplo: facer 5 sentadillas)?........................................................................... 4 puntos.

5.            Facer un circuito de actividades motrices (pode ser con saltos, equilibrios,  desprazamentos, volteretas cara adiante no sofá,...)...........  5 puntos.

6.            Se no dado sae o número 6  ...................................... réstanse 2 puntos.

Cada familia poderá adaptar as probas ou retos en función das súas características: idades, integrantes, nivel de destreza,... o caso é que toda a familia realice actividade física diariamente e afástese das pantallas durante un tempo.

 Cando volvamos ás clases, poderedes traer as vosas propostas e tentaremos polas en práctica ou comentalas entre todos. As propostas máis interesantes poderán optar a un premio ou recompensa (que escolleremos entre todos antes de seleccionar aos premiados. Un exemplo do premio pode ser: seleccionar as actividades ou xogos da seguinte sesión de E.F, gozar dunha sesión de xogo libre, escoller o deporte que traballaremos en próximas sesións,...)

Sorprendédeme coa vosa creatividade!!

Un saúdo,

Pablo.

AdxuntoTamaño
Crea un xogo motor.pdf19.42 KB