"QUEN DIXO MEDO?" é unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero levada a cabo pola Deputación da Coruña.A actividade realizada cos alumnos de 6º de EI consistiu nun contacontos e un obradoiro de manualidades co que traballar os seguintes obxectivos:
- Establecer relacións equilibradas, solidarias e construtivas.
- Apreciar a importancia dos valores básico que rexen a vida e a convivencia e actuar conforme a eles.
- Ensinar os máis cativos/as a desenvolver conductas e habilidades que lles permitan vivir libres de violencia.
- Aprender a expresar as emocións de maneira axeitada evitando os insultos, agresións e gritos
Para o desenvolvemento da presente actividade de sensibilización levarase a cabo a lectura do conto “QUÉROTE CASE SEMPRE” da autora Anna Llenas. Este álbum ilustrado, narra a historia de amor entre Lolo e Rita, dúas personaxes que se respectan nas súas diferenzas e se adaptan para convivir en harmonía.
Tomando como fío condutor a lectura do conto, abordanse diversas cuestións para axudar os mais cativos/ as a afianzar conceptos básicos para a súa vida cotiá e para a correcta construción da súa identidade. Aprenderán dunha forma sinxela e motivadora, ao tempo que se favorecen dinámicas como o traballo en grupo, a colaboración, o diálogo...
Para concluír a actividade, cada alumno/a, elaborará un monicreque empregando diversos materiais e artes plásticas.