Segundo a Resolución do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación,que establece a celebración de eleccións de membros do consello escolar no mes de novembro de 2016, desde a dirección do centro queremos informar a todas as familias do calendario do proceso a realizar e animarvos a participar, tanto exercendo o voso dereito a voto , como presentando as vosas candidaturas ao posto de representante do pais no consello escolar.
A composición do consello escolar do noso centro educativo está integrada polos seguintes membros:
- O director, secretario ( con voz e sen voto) , o representante do Concello de Malpica de Bergantiños, tres representantes dos profesores e tres representantes dos pais.
No proceso electoral elixiranse dous representantes do profesorado e un representante dos pais.
Os pais que desexen presentar a súa candidatura deben facelo na secretaría do centro , onde se rexistrará a súa solicitude e notificará á Xunta Electoral, antes do 13 de novembro.
CALENDARIO DO PROCESO ELECTORAL
- 27 de outubro: Sorteo público dos representantes dos profesores (1) e pais (1) na Xunta Electoral.
- 7 de novembro: Publicación do censo electoral integrado polos pais, nais ou titores legais.
- 14 de novembro: Fin do prazo para presentación de candidaturas aos postos do consello escolar. Sorteo público dos pais (4) que formarán parte da mesa electoral entre os pais que non sexan candidatos.
- 28 de novembro: Día de votacións. A mesa de votacións estará aberta durante a xornada lectiva para que todos os pais poidan exercer o dereito a voto. O voto é directo , secreto e indelegable e debe acreditarse a identidade do votante.
Na secretaria do centro e nesta páxina web teredes á vosa disposición toda a documentación e información do proceso electoral.
Con data 29 de novembro, reunida a Xunta electoral do centro , oficialízanse os resultados obtidos nas votacións do sector de pais e nais , e no sector do profesorado , designando os novos representantes no Consello Escolar do centro.