TEMOS UNHA BOA NOVA NA BIBLIOTECA!!!!

 

¡¡TEMOS NOVOS LIBROS!!

idayvuelta

 

A fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca ofrece a todos os centros educativos o programa “Lecturas de Ida y Vuelta”. Trátase dun programa de préstamo de coleccións de libros duns 40 ou 50 títulos diferentes agrupados en diferentes temáticas dependendo do interese dos alumnos/as e segundo as súas idades. As coleccións comprenden dende Infantil ata Bacharelato e hai un total de 16 coleccións distintas.

Acaba de chegar ao centro unha destas coleccións, trátase de: "Lemos en galego".

Estas magníficas obras están de paso polo noso colexio, despois de visitar outros este curso, e poderedes desfrutar delas dende este luns na biblioteca. ¡Soamente estarán un mes e medio!

Estas obras conteñen todo tipo de aventuras, intrigas e emocións. Non volo podedes perder!

Ademáis gustaríanos recibir comentarios sobre este programa de lecturas de ida e volta. Podedes facelo a través da caixa de suxerencias de Marcelino ou a través do foro.


Agardámosvos na biblioteca!