Información sobre axudas para libros.





 Axudas para a adquisición de libros e materiais didacticos para o curso 2011/2012.Alumnos de 1º,2º,5º e 6º de educación primaria( acceso á convocatoria)

 

PROGRAMA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO (Libro Matemáticas)  PARA 3º E 4º DE E. PRIMARIA. CURSO 2011-12

 

Requisitos:

-          Estar matriculado en 3º ou 4º de Educación Primaria.

-          Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9000€ (Exercicio fiscal 2009).  Para os efectos do cálculo da renda per cápita familiar sumaranse os recadros 455 e 465 da declaración e dividirase entre os membros da unidade familiar.

 

Lugar e prazo das solicitudes:

As solicitudes poden obterse na secretaría do centro. O prazo de presentación será desde o 1 ao 30 de Xuño de 2010

 

Solicitudes e documentación:

A solicitude acompañaráse da seguinte documentación:

-          Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiaro ou no seu defecto orixinal ou copia compulsada do certificado de empadroamento da unidade familiar.

-          No caso de discapacidade do alumno ou dalgúns dos membros da unidade familiar  deberá acompañar: copia compulsada do certificado emitido do grao de minusvalidez; resolución ou certificado da Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente.

Contía das bolsas

  • Familias monoparentais:
    •  
      • Con ingresos ata 6.000 euros: 23 euros por libro.
      • Con ingresos entre 6.000,01 ata 9.000 euros: 13 euros por libro.
  • Resto de familias
    •  
      • Con ingresos ata 5.400 euros: 23 euros por libro.
      • Con ingresos entre 5.400,01    ata 9.000 euros: 13 euros por libro.

A adquisición:

A través do vale, poderá adquirir os libros e material escolar no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento. O solicitante deberá asinar o vale no momento da recepción do  material, dando a súa conformidade. O establecemento quedará en posesión do correspondente vale.


 

AdxuntoTamaño
adquisicionlibrostexto.pdf221.28 KB
libropluril.pdf203.23 KB