O dinosaurio.

 Un antergo dinosauro

cando coñeceu o mar

quedou admirado dos tombos

e do son do seu cantar.

Cambiou un outeiro

por unha praia

o verde do campo

por auga salgada.

A escuridade da cova

polo brillo da lúa.

O dinosaurio namorouse

da branca escuma.