A choiva.

 O día era chuvioso

pouco había qué facer

así que Andrea decidira

pórse cun libro a ler.

 
 

 A rúa estaba deserta,

os comercios alumados,

escoitábanse só as pingas

ao caeren dos tellados.

 E Andrea entusiasmada

coa historia dunha raíña

deu grazas ao rematala

por estar tan malo o día.