Vídeo
Nos seguintes vídeos podedes ver como foi o desenvolvemento do proxecto medioambiental sobre a contaminación da ría de Aldán e a posterior reforma do patio, no que a auga pasa a ser elemento de xogo e aprendizaxe.
Isto non pode quedar así. A ría segue contaminada, pero agora sabemos que pasos dar para solucionar o problema. Uns téñenos que dar quen ostenta a responsabilidade política.
Outros, as administracións con responsabilidades.
E, outros pasos, teñen que ser dados pola veciñanza do Hío, xa que hai cousas que dependen de nós.
Ante as dificultades para reunírmonos coas familias interesadas en matricular aos seus fillos e fillas no noso colexio, o profesorado preparou este vídeo-presentación.
Agardamos que vos transmita algunhas das ideas esenciais que orientan o noso labor diario.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |