O noso colexio

Enviado por Anónimo o Sáb, 09/24/2022 - 16:10

 

O CEIP do Hío inaugurouse o 17 de setembro de 1974. Sitúase nun lugar privilexiado da parroquia e escolariza alumnado en 3 unidades de Educación Infantil e 6 de Educación Primaria. Conta cun claustro de aproximadamente 17 profesores/as que se ocupa dunha poboación estudantil de  entre 160-170 alumnas/os, procedentes, sobre todo, das aldeas da parroquia (Donón, Igrexario, Liméns, Nerga, Pinténs, Vilariño, Vilanova e Viñó).

 

APRENDEMOS XOGANDO E EN CONTACTO COA NATUREZA 

 

 

· O PATIO DA AUGA

É o resultado dun proxecto medioambiental de moita relevancia levado a cabo polo colexio e a veciñanza do Hio, do agora ás crianzas disfrutan todo o ano. 

Aquí podes aprender máis sobre a orixe do proxecto e o proceso de construción. 

        

 

· O ACUARIO

 

· A HORTA

 

· A INCUBADORA 

Podes ler máis información sobre as nosas instalacións aquí. 

 

 

O XOGO E A APRENDIZAXE MANIPULATIVA

Sacándolle proveito a aula de matématicas manipulativas ou a aula de cociña. 

    

 

EN GALEGO 

Entendemos a escola pública como un lugar idóneo para afianzar o coñecemento, aprecio e valoración do idioma galego. 

Todas as actividades realizadas para as distintas celebracións están coordinadas polo equipo de biblioteca e o de dinamización da lingua galega. 

  

CONVIVENCIA E INCLUSIVIDADE 

Iniciativas para fomentar un ambiente de empatía e colaboración, como as escaleiras da igualdade ou as Paralolimpiadas coa colaboración do centro de educación especial Juan XXII. 

Conectados coa comunidade. Frecuentemente colaboramos con colectivos que desenvolven proxectos de interese social: centro de educación especial Juan XXII, FECIMO, Escola María Soliña (India), asociación de montes, SOS África, Cáritas, asociacións culturais da parroquia e da comarca, etc.

 

 

CELEBRAMOS A CULTURA, DIVERSIDADE E TRADICIÓN

Na época da globalización procuramos aportar ao noso alumnado un achegamento ás tradicións culturais, especialmente ás locais: música, danza, literatura, oralidade,...

Con este obxectivo, ao longo do curso certas celebracións teñen un tratamento específico que, por ese motivo, están integradas dentro do Proxecto Educativo de Centro:

 

 

* XORNADAS DE CONVIVENCIA

coas que propiciar unha relación afectiva entre todo o alumnado do centro, por riba de consideracións como cursos, niveis ou ciclos. 

* SAMAÍN

unha oportunidade para reflexionar sobre os nosos medos e aprender a racionalizalos e superalos. 

* O MAGOSTO

* QUINCENA DE XOGOS TRADICIONAIS

para descubrir outro xeito de divertirse.

* OLIMPIADA / PARAOLIMPIADA DE SAN ANDRES

Celebración do día do patrón da parroquia practicando probas atléticas e competicións deportivas por equipos, coa imprescindible e entusiasta colaboración das familias que nos agasallan con doces e unha deliciosa chocolatada.

* O ENTROIDO

Celebración que segue as pautas tradicionais do Hío, unha das máis afamadas no seu xénero. Constrúense os arcos florais e faise un percorrido a pé ata o adro acompañados de gaiteiros e familiares. Cantamos coplas, merendamos as lambetadas típicas e divertímonos ao son das gaitas.

* DÍA DA MULLER TRABALLADORA

no que resaltamos os valores de coeducación para que as relacións entre as persoas non estean condicionadas por prexuízos  de xénero.

* DÍA DA MÚSICA

* SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

unha ocasión para manifestar o orgullo que sentimos pola lingua dos nosos devanceiros, que tamén é a nosa. Particípase no Correlingua, unha xuntanza en defensa do galego xunto con moitos outros centros de Galicia; organízase un festival no Salón de Actos no que colaboran todos os cursos; etc.

* DÍA DO LIBRO

unha proposta máis, das moitas que organiza a biblioteca, para estimular o pracer pola lectura: mochilas viaxeiras, baúl viaxeiro, bibliocine, apadriñamento lector entre alumnado, xornadas de troco entre adultos, contacontos, etc.

 

 

O RESUMO DUN ANO ESCOLAR NO NOSO COLE

Cada ano o colexio recopila as principais actividades do curso escolar na súa revista "A Edición".

Aquí podes consultar a última edición da revista (Curso 2021-22)

 

 

 

APOIO Á CONCILIACIÓN FAMILIAR

 

Se o precisas. o colexio dispón dos seguintes servizos -coordinadados pola ANPA-. 

 

 

Ademáis a biblioteca está aberta todas as tardes de 4 a 6, supervisada por un docente. 

 

----

Os interactivos desta páxina foron creados con canva.com