DiverXentes Altas Capacidades Galicia
A asociación DiverXentes Altas Capacidades Galicia organiza, para o día 4 de novembro de 11:00 a 13:00, no salón de actos da Biblioteca Vidal Pazos de Marín, a charla-coloquio "FAMILIA, ESCOLA E ALTAS CAPACIDADES" dirixida a docentes e familias, impartida pola poñente Betina Represas, Especialista en altas capacidades do Equipo de Orientación Específico (EOE) de Pontevedra.
A asistencia é gratuíta. Adxuntamos cartel informativo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Familia, escola e altas capacidades 4nov.jpg | 177.02 KB |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |