A PARALIMPÍADA BIANUAL DO CEIP DO HÍO. VIVA O DEPORTE!!!!

Na liña de continuar recuperando a normalidade conmemoramos o festividade do Hío, mediante unha xornada deportiva; nesta ocasión co formato PARALÍMPICO. 

Equipos constituídos con alumnado desde 3 anos a 6º, no que o dos cursos máis altos fai as veces de capitán, intentaron acadar as puntuacións máis altas en cada proba.

Nas titorías e nas clases de educación física foron coñecendo as particularidades do deporte paralímpico, caracterizado por uns valores aos que o CEIP do Hío se suma, xunto co alumnado invitado de Xoán XXIII: CORAXE, DETERMINACIÓN, INSPIRACIÓN E IGUALDADE.

Pola nosa parte, engadimos un máis COLABORACIÓN.

Unha das colaboracións máis significativas e imprescindible foi a das familias (pais, nais, tias, avoas, avós...) que actuaron de xuíces/monitores das probas, outro grupo que se ocupou de organizar a chocolatada e as que nos enviaron ricos doces cos que os/as deportistas recuperaron forzas; arredor de 40 persoas respaldando ao profesorado para darlle vida a unha actividade plena de contido deportivo e humano. Grazas.

PODES VER AQUÍ UN RESUMO