O CEIP DO HÍO INÍCIASE NO MUNDO DA RADIO

O día 5 de outubro a cadea radiofónica SIRADIO Sidebar 1 gravou un programa-magacine no noso colexio.

Participou o alumnado de 6º como locutoras e locutores, ocupáronse tamén de preparar as entrevistas a persoas salientables do Hío, escoller a música, crearon un conto...

O programa está listo para ser escoitado. Podedes facelo a través do seguinte enlace de SPOTIFY 

 
O segundo episodio de Emociónate coa radio foi gravado no CEIP DO HIO de Cangas do Morrazo, donde nos axudou un equipo de nenos e nenas e mestres de este centro público modélico, onde existe unha gran vocación en todo o equipo directivo. Foi un dos centros donde máis doado resultou gravar o programa. Estivo a alcaldesa de Cangas e concelleira de Ensino, Victoria Portas; Morucha, unha extraballadora do sector do Mar nunha conserveira, o director do FIC Bueu, Manu Pena; a emprendedora, Sandra Bastón; o veciño José Manuel González Martínez; o investigador local Anxo Coya e profesorado do CEIP do Hío.
 
Este foi o primeiro achegamento ao mundo da radio. Este curso, o CEIP do Hío, contará cun estudo de RADIO e TV desde o cal crear contidos como o deste programa. Todo se andará...