CELEBRACIÓN DO NADAL NO CEIP DO HÍO
COMO VIVÍAN O NADAL AS AVOAS E AVÓS?
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a aula de música do colexio animan ao alumnado a que pregunten na casa como se vivía antes o Nadal:
- A que se xogaba?
- Que se cantaba?
- Que se comía?
- Que outras tradicións había no Hío...
Propoñémosvos que gravedes ás vosas avoas e avós, cantando e contando. Moito mellor se é acompañados dos netos e netas... e do resto da familia!!!
Ten que ser en galego, a non ser que sexan tradicións doutros lugares ou países. Será moi interesante coñecelas.
TEDES DE PRAZO ATA O 20 DE DECEMBRO.
Mandade as gravacións ao correo: genihio@edu.xunta.es
Tamén pode ser ao correo da titora de cada curso.
Un navideño saúdo a todas e todos.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |