Tarefas de música 5º 6º ata o 29 de maio

Enviado por admin o Xov, 05/21/2020 - 10:38

Proposta de traballo ata o 29 de maio para 5º e 6º

AS REGUEIFAS

Sabedes o que é unha regueifa? Pois é como un poema improvisade de 4 versos cunha melodía sinxela que se repite. Normalmente en forma de diálogo. Un canta a 1ª estrofa e o outro contesta.  Nós imos a facer esta actividade un pouco variada. Para que haxa máis ideas imos deixar que participen indistintamente o alumnado de 5º e de 6º. O funcionamento vai ser o seguinte. Eu vou mandar por whatsap a 1ª estrofa e a vou escribir aquí. As que me vaian chegando tamén as vou escribindo. Entre todos podemos montar un vídeo que nos quedará de recordo. Este é todo o traballo que propoño ata o 29 de maio,  que é obrigatorio.

CONCURSO ENREGUÉIFATE 2020

Por outra banda os que queiran participar no concurso enreguéifate teñen de prazo ata o 29 de maio. No seguinte vídeo-titorial enséñannos como facelo. Aínda que non participedes no concurso, pode ser interesante que probedes a regueifar por skipe, zoom ou outra plataforma para ver como se vos da. ÁNIMO!

 

https://www.youtube.com/watch?v=0N3OMc6FYz0