Tarefas de música 6º ata o 20 de maio

Enviado por admin o Mar, 05/05/2020 - 15:05

Bo día. Como o levades? Casi tod@s rematastes as tarefas da quincena pasada. Encantáronme os vosos tokaps e presentacións. Vistes todos os vídeos do Barroco? Unha época efervescente. Agora imos ver como en Galicia non o foi tanto. Volvo a propoñermos unhas tarefas, esta vez moi relacionadas coa celebración das letra galegas. Viva o galego!

1. Inventamos unha pequena historia con efectos especiais. Aquí deixo o enlace e a explicación. As máis chulas as subiremos á presentacion. Mola non?. Enviala polo whatsap ou ao correo do cole. Ata o 15 de maio.

2. Escoitade as cancións dos vídeos, que xa saberedes e xogade aos Escape rooms propostos. Xa sabes cousas de Ricardo Carballo Calero? Non fai falta enviar nada neste apartado. 

https://genihio9.wixsite.com/misitio/letras-galegas-2020

3. Le o resumo do Barroco e escoita o romance de Don Gaiferos. (Non enviar nada neste apartado)

https://genihio9.wixsite.com/misitio/6o-curso

4. Repasa o himno galego estudiado o ano pasado e intenta aprender a 2ª  voz. Hai un si grave que non se pode dar na frauta . Podemos facelo agudo ou facer un silencio nesa parte! .Lembra que é importante estudiar un pouco cada día. Cando a sepas mándama por Whatsap.

5. Compón un RAP para animar a falar galego. Esta actividade é voluntaria. Se me dades permiso os subirei ao blog de Agata e Paco. Animádesvos?

Que teñades un bo día!