Indo a este enlace: https://es.padlet.com/clamosa/t587pnk8c85l8ig9

atoparás unha aplicación que permite facer comentarios e aportar ideas en relación cos novos patios. Será un lugar de encontro de profesorado, alumnado e familias.

Animádevos a participar, aínda hai tempo de incorporar novas propostas.

Ante as dificultades para reunírmonos coas familias interesadas en matricular aos seus fillos e fillas no noso colexio, o profesorado preparou este vídeo-presentación.

Agardamos que vos transmita algunhas das ideas esenciais que orientan o noso labor diario.

O xoves 18 de febreiro, o alumnado de 6º participou nun obradoiro de percusión, a cargo do mestre cubano DIDIER DÍAZ.

Un resumo do obradoiro podedes velo no segunte enlace

https://player.vimeo.com/video/514402510

 

Que ritmo, QUE RITMO!!!!

QUE MARCHA!!!!

SEGUE EN DIRECTO A CHEGADA A MARTE DO ROVER EN:

https://www.rtve.es/television/20210217/sigue-directo-aterrizaje-marte/2076356.shtml

Que Entroido tan especial o deste ano!!!!

Quen ía pensar que chegaríamos a isto: sen palcos nin arcos, as aldeas silenciosas sen o canto das gaitas...

Ogallá que sexa o primeiro e último ano que tal cousa sucede.

Pero, como é un ano tan especial, POR QUE NON GARDAR UN RECORDO DEL?

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega proponvos deixar memoria deste atípico Entroido. Animádesvos?

Xa están os vídeos.

O equipo da biblioteca traballos arreo esta fin de semana.

Podedes ver a montaxe picando AQUÍ

OU TAMÉN AQUÍ

Viva o Carnaval!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Nenos, nenas e familias, xa está preparada reportaxe fotográfica da celebración escolar do ENTROIDO 2021.

Foi un Entroido formato Covid-19

PICADE AQUÍ

ou aquí: https://vimeo.com/511905309

 O recoñecemento da comunidade educativa do Hío:

PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL pica aquí

 

PARA PRIMARIA pica aquí

Distribuir contido