Nos seguintes vídeos podedes ver como foi o desenvolvemento do proxecto medioambiental sobre a contaminación da ría de Aldán e a posterior reforma do patio, no que a auga pasa a ser elemento de xogo e aprendizaxe.

Isto non pode quedar así. A ría segue contaminada, pero agora sabemos que pasos dar para solucionar o problema. Uns téñenos que dar quen ostenta a responsabilidade política.

Outros, as administracións con responsabilidades.

E, outros pasos, teñen que ser dados pola veciñanza do Hío, xa que hai cousas que dependen de nós.

 

Será o xoves 17 de marzo de 2022.

Os cargos relevantes que teñen confirmado asistir son:

- A Sra. alcaldesa de Cangas, Victoria Portas

- O xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Educación, César Pérez Ares

A Alta Inspección de Educación da Delegación do Goberno de España en Galicia, con sede na Coruña, convida ao CEIP do Hío para homenaxealo como finalista do concurso nacional de “Buenas Prácticas Educativas-2021”.
Nesta edición dous centros galegos obtiveron a máximo galardón: o CEIP San Marcos de Abegondo (A Coruña) co proxecto “Dámoslle una volta á terra?” e o IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova (Ourense) co proxecto “Un mundo feli

ABALAR-MÓBIL É UNHA PLATAFORMA COMUNICATIVA DA XUNTA DE GALICIA PARA MANTER CONTACTO ENTRE PROFESORADO E FAMILIAS MEDIANTE OS TELÉFONOS MÓBILES.

Para activala tedes que descargar a aplicación no voso móbil persoal desde: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

Para que a conexión funcione o voso nº de teléfono debe estar rexistrado nos arquivos informáticos de colexio. En caso de que non recibades avisos pode ser porque o voso actual teléfono non estea rexistrado, enviádenos un aviso indicando o novo número.

 

Presentáronse 122 proxectos de toda España...quedamos subcampións na categoría 3.

Segue a noticia neste enlace

 

VIDEO PRESENTADO PARA EXPLICAR O PROXECTO

FRESQUIÑA, fresquiña coma o tempo, chega a revista do CEIP do Hío.

Descárgaa no teu equipo. É interactiva. Se picas nos códigos QR ábrense audios, vídeos, fotografías...

Podes imprimila en calquera multicopista, ou no cole pagando 3 euros. Se non o fixeches, chama ao 633 124 796 para encargala.

 POR PROBLEMAS TÉCNICOS RETIRAMOS O ENLACE, EN BREVE ACTIVARÉMOLO

PROBA AGORA

- 1º DE PRIMARIA GAÑOU O CONCURSO DE MÁSCARAS DO ENTROIDO ORGANIZADO POLA "Asociación de Comerciantes do Casco Vello". Pica aquí para ver o seu traballo.

 

- 5ºA GAÑOU A FASE PROVINCIAL DO CONCURSO ORGANIZADO POLA "ONCE": CONEXIÓN ADICCIOFF.

"As familias tamén contan".

Contade un conto.

Pode ser coa participación de fillas/fillos ou quen queirades.

Pode ser lendo, dramatizando...ou...facendo coa cabeza para abaixo e os pés para arriba...

Convértete nun "Booktuber", aconsellando un libro mediante a creación dun vídeo.

Di o título, autor/a, idades recomendadas, se está indicado para antes de durmir, para rir, para superar algún problema... e comenta algo brevemente para que as compañeiras e compañeiros se animen lelo.

Envíao ao correo do cole (ceip.hio@edu.xunta.es) ou por wasap ao 633124796.

Distribuir contido