ENQUISA CONVIVENCIA 2023

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 ponse en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023cuxo prazo de participación será do 2 ao 22 de maio (ambos os dous incluídos). 

 

Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros públicos e privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

 

 

Así mesmo, recórdase que nesta enquisa participan todos os colectivos que conforman a comunidade educativa -alumnado, profesorado, persoal non docente e familias- e que os equipos directivos serán os encargados de facerlle chegar a cada persoa a comunicación que contén unha clave de acceso ao cuestionario do seu colectivo.

 

 

Recollida de datos para o alumnado de Educación Primaria" en https://edu.xunta.gal/convpri

"Recollida de datos para o alumnado que require asistencia e fai uso do cuestionario pictográfico"

en https://edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado" en https://edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para as familias" en https://edu.xunta.gal/convfamil

No enlace http://educonvives.gal pode atopar información adicional sobre esta iniciativa.

Powered by Drupal - Design by artinet