TRÁMITES:
- As solicitudes deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia.
- De non ter medios para solicitalo electronicamente as familia terán que solicitar -por vía telefónica (988320880- 618216612) e/ou correo electrónico (ceip.gurriaran@edu.xunta.es) a partir do día 14 martes de abril
os seguintes datos:
a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
d) NOME DO TITULAR e Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.
As respostas correctas a estas preguntas serán suficientes para acreditar que estades a falar cos auténticos titores do alumnado beneficiario e que non se levanten suspicacias pola petición dese tipo de datos.
Con todo se alguén non quere dar o seu número de conta pode solicitalo en sede electrónica.
Eses datos terán que incorporarse a aplicación de comedores escolares nuns novos campos que se están a habilitar e que estarán operativos o luns ao final do día.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
AXUDAS COMEDOR.pdf | 647.02 KB |