Ante a evolución positiva nos últimos días dos datos sanitarios da pandemia na que estamos inmersos, este ano decidimos celebrar a xornada de portas abertas para as familias de nova matrícula que queiran coñecer o centro. Para facilitar a organización da visita, rogamos que enviedes correo electrónico á seguinte dirección ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.gal confirmando a vosa asistencia. Por motivos de seguridade, limitarase a 1 persoa por unidade familiar. O día será o próximo luns 21 ás 16:00h. Un saúdo. |
|||