COMEZO DO CURSO

Ante a situación excepcional na que estamos vivindo o comezo deste curso será de forma gradual de maneira que as datas de comezo de curso serán as seguintes:

  • Xoves 10: alumnado de 4º e 5º de educación infantil e alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria.
  • Venres 11: alumnado de 6º de educación infantil e alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Podedes consultar a publicación na páxina da consellería premendo no seguinte enlace:

Inicio curso escolar 2020-21.

O "Plan de adaptación ao contexto Covid-19" do centro, así como a organización do primeiro día de clase e demáis informacións, serán comunicadas ás familias a través dunha circular por correo electrónico e publicarase nesta mesma páxina web.