REAPERTURA PROCESO ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

Reábrese o prazo de admisión do novo alumnado. O novo prazo para presentación de documentación será o seguinte:

  • Datas: dende o luns 11 de maio ata o luns 18 de maio.
  • Horario de recollida de solicitudes: de 10:00h ata as 13:00h. na secretaría do centro.

Para consultar o novo calendario para o resto do proceso, premede no enlace:

Calendario do proceso admisión de novo alumnado.

As normas de obrigado cumprimento para toda persoa que acceda ao centro, serán as seguintes:

  • Só poderá acceder unha persoa ao centro por cada solicitude ou consulta.
  • Non se pode  acudir con menores ao centro.
  • Deberán traer mascarilla de protección.
  • Deberán facer uso do hidroalcol á entrada do centro.
  • Non se farán fotocopias de ningún documento. Cada familia deberá traer 2 copias da primeira páxina do documento de solicitude (ANEXO II).

O resto de documentación podedes consultalo a continuación.