Blogues

NOVO HORARIO DE SECRETARÍA

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 2023-24

MENSAXE DE LEROUCHIÑO

Ola, este ano temos unha nova mascota na biblioteca, Lerouchiño, e xa tgemos a súa primeira mensaxe para todos vós. prestade moita atención a ver que nos quere dicir.

Premede na imaxe para escoitar a súa mensaxe.

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

O día 2 celebramos no cole unha nova edición da Carreira Solidaria. Co esforzo de todo o alumnado conseguimos unha magnífica recadación para axudar a outros nenos e nenas máis necesitados.

A recadación final ascendeu aos 1064,15 euros.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!!!!!!

Podedes consultar a galería de fotos, información do programa e o xustificante de pago na seguinte presentación.

 

SERVIZO MAÑANCEIROS 2023-24

A solicitude de praza para o servizo de mañanceiros para o curso 2023-24 comezará o próximo 19 de xuño. Tedes toda a información sobre o servizo nesta publicación.

Lembramos que o servizo organízao o Concello de Cambre, polo que as solicitudes deberán presentarse no propio Concello, non no centro escolar.

 

Pastel Pink and Blue Alarm Clock 3D Ilustrated Reminder Today Instagram Post de gonzalo torrente ballester

EXCURSIÓNS 29 DE MAIO

O venres 29 de maio o alumnado do cole fixo unha excursión. O alumnado de infantil visitou Marcelle onde puideron ver un montón de animais e aprender sobre as súas vidas, costumes etc. Pola súa parte o alumnado de primaria visitou a área recreativa de Muiño de Pedroso onde realizaron varios obradoiros (tiro con arco, prehistoria, pegadas, festa holi, marmelada...). Todos pasárono fenomenal. Podedes ver a galería fotográfica na seguinte presentación.

Excursión 2023 de gonzalo torrente ballester

ROMARÍA POP 2023

O pasasdo 16 de maio celebramos nos arredores da Igrexa de Santa María de Cambre a II Romaría Pop do Gonzalo Torente Ballester.

A rapazada pasouno fenomenal realizando distintos obradoiros, así como uns xogos populares e unhas actuacións musicais. 

Podedes ver a galería fotográfica e as actuacións musicais na seguinte publicación. Agardamos que vos guste.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2023-24

Adxuntamos a programación de actividades extraescolares para o ano que ven. O prazo para apuntarse e do 1 o 30 de xuño.

Presentación Proyecto Empresa Juguetes Actividades Infantil Azul Colorido de gonzalo torrente ballester

RESERVA TRANSPORTE E COMEDOR CURSO 2023-24

O prazo de presentación de solicitude para os servizos de comedor e transporte para o curso 2023-24 será antes do 31 de maio.

Para descargar a solicitude. premede na imaxe.

FONDO LIBROS E AXUDA PARA MATERIAS ESCOLAR CURSO 2023-24

Distribuir contido