Blogues

25 N

MAGOSTO 2023

O pasado mércores celebramos un ano máis o Magosto no cole. A rapazada disfrutou dunha divertida xornada onde deleitáronnos cunha nova demostración da súa creatividade. Fixeron uns Lands Art marabillosos para dar paso a unha Foliada con degustacións de castañas e amenizada polo grupo de gaitas Aires de Sigrás. 

Darlle as grazas á ANPA pola súa colaboración e a as familias que pasaron polo cole.

Podedes consultar as imaxes desta festiva xornada no seguinte cartel.

Magosto 2023 de Romu Rodriguez

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 23-24

MENÚS COMEDOR ESCOLAR 2024-25

AVISO IMPORTANTE

AVISO IMPORTANTE

Estimadas familias:

Todas as familias teredes que entregar IMPRESO ás persoas titoras O PRIMEIRO DÍA DE CLASE, LUNS 11 DE SETEMBRO, os seguintes documentos:

1.- Para todo o alumnado do centro, as persoas que autorizades a recoller ás vosas crianzas (na escola á saída de mañá e de tarde, na escola por imprevisto a media mañá, na parada de bus, etc). Lembramos que para actividades extraescolares, as persoas autorizadas teredes que comunicarllas á ANPA.

É moi importante a entrega deste papel.

2.- Para o alumnado de 5º e 6º as familias que autoricen aos seus fillos e fillas a saír do centro sen ir acompañado dun adulto deberán traer cuberto o seguinte impreso:

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA USUARIOS DE COMEDOR

INFORMACIÓN IMPORTANTE USUARIOS COMEDOR

Información importante para os usuarios do servizo de comedor. Para consultala, premede no icono.

 

MATERIAL AULAS CURSO 2023-24

CALENDARIO ESCOLAR 2023-24

Atendendo á Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, informamos que as actividades lectivas comezarán o próximo 11 de setembro.

Par aconsultar a orde podedes premer na seguinte imaxe.

 A información sobre o primeiro día de clase, publicarase neta mesma páxina web na vindeira semana.

INFORMACIÓN COMEDOR

Hoxe publicáronse as instrucións para os centros en materia de servizo de comedor escolar na modalidade de xestión indirecta e ao noso centro correspóndenlle 110 prazas. Polo tanto, informamos de que todas as persoas solicitantes terán a súa praza para o curso 23-24.

Neste sentido, as familias terán que entregar no centro antes do xoves 13 de xullo (en horario de atención, de 10:00h a 13:00h) o Anexo II que se corresponde co modelo de autodeclaración para saber se serán ou non persoas pagadoras. O documento debidamente cumprimentado pode entregalo calquera persoa adulta, non ten que ser a persoa declarante. Lembramos que non entregar esta documentación entenderase como a perda da praza.

Para descargar o Anexo II premede na imaxe.

Moitas grazas.

LIBROS DE TEXTO 2023-24

NOTA INFORMATIVA

Na lista de libros publicada onte había un erro que xa está arranxado. A listaxe correcta podedes consultala premendo nesta mesma publicación.

Listaxe libros 2023-24 de gonzalo torrente ballester

Distribuir contido