Blogues

ALUMNADO ADMITIDO 20-21

Debido á LOPD non podemos publicar a listaxe do alumnado admitido no centro para o curso 2020-21.

Para consuntar a información sobre dito tema, premede na seguinte imaxe.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Mañá mércores ábrese o prazo de solicitude para participar no fondo solidario de libros de texto.

Para unha boa realización do procedemento, é moi importante ter en conta o seguinte::

  1. NON SE PROPORCIONARÁN FORMULARIOS DENDE O CENTRO.
  2. LER BEN AS INSTRUCCIÓNS PARA EVITAR VIAXES INNECESARIAS.

O prazo de presentación de solicitudes será do 20 de maio ata o 19 de xuño (ambos inclusive).

As familias que decidan presentar a documentación presencialmente, lembrarlles que o horario será de luns a venres de 10:00 a 13:00h.

Tedes toda a información a continuación premendo nos enlaces.

Unh vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase o calendario de presentación de reclamacións e de recollida de vales. 

Según vaia avanzando os prazos do proceso, iremos publicando as distintas informacións  nesta mesma páxina web.

 

*Acabase de recibir da Dirección Xeral de centros que hai un erro nas bases da convocatoria. Reproducimos a mensaxe enviada á espera de corrección no DOG.:

 "O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.


Vaise facer a oportuna corrección da orde no Diario Oficial de Galicia."

CALEROTRIVIAL (actividade Letras Galegas 2020)

Como ben sabedes o próximo domingo celebramos o Día das Letras Galegas 2020.

Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero. O alumnado de 6º de primaria estivo investigando sobre a súa vida, cousas e momentos importantes, e outras non tanto. Aquí vos deixamos o seu magnífico traballo de investigación. Podedes xogar a buscar as respostan antes de consultalas.

Esperamos que vos guste.

LETRAS GALEGAS 2020

Como ben sabedes o próximo 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Esta ano adicado a Ricardo Carvalho Calero. Dende ocentro estamos a facer unha tarefa común para todo o alumnado. O funcionamento da actividade xa o coñecedes. Esperemos que vos guste.

Made with Padlet

REAPERTURA PROCESO ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

Reábrese o prazo de admisión do novo alumnado. O novo prazo para presentación de documentación será o seguinte:

  • Datas: dende o luns 11 de maio ata o luns 18 de maio.
  • Horario de recollida de solicitudes: de 10:00h ata as 13:00h. na secretaría do centro.

Para consultar o novo calendario para o resto do proceso, premede no enlace:

Calendario do proceso admisión de novo alumnado.

As normas de obrigado cumprimento para toda persoa que acceda ao centro, serán as seguintes:

  • Só poderá acceder unha persoa ao centro por cada solicitude ou consulta.
  • Non se pode  acudir con menores ao centro.
  • Deberán traer mascarilla de protección.
  • Deberán facer uso do hidroalcol á entrada do centro.
  • Non se farán fotocopias de ningún documento. Cada familia deberá traer 2 copias da primeira páxina do documento de solicitude (ANEXO II).

O resto de documentación podedes consultalo a continuación.

 

DÍA NON LECTIVO

Ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 20 de xullo de 2020 no que se aproba o calendario escolar 2019-20, lembramos que o próximo luns 4 de maio foi aprobado pola inspección educativa como día non lectivo.

Polo tantoese día non se enviarán tarefas ao alumnado.

Moito ánimo para todo o alumnado e as súas amilias. Xa queda menos.

INFORMACIÓN SERVIZO DE FOTOCOPIAS DO CONCELLO

A partir da primeira semana do mes de maio, producirase un cambio no servizo de fotocopias por parte do Concello.
A partir desa data será o centro o encargado de enviar ao concello o material imprimible que será repartido ás amilias que o precisen entre xoves e venres de cada semana.

Desde o centro pregamos que se faga un uso responsable deste servizo e que o utilicen unicamente as familias que asío precisen.

Para consultar a información emitida polo concello, premede na imaxe.

 

DÍA DO LIBRO

Como ben sabedes hoxe é o día do libro, equeremos saber cal é o voso libro favorito.

Déixanos un vídeo, unha fotografía ou simplemente un comentario falándonos del.

Tan só tes que pinchan no icono + e subir aí o teu vídeo ou imaxe.

Así podemos aprender os uns dos outros, e non esquezades poñer o voso nome para saber quen sodes. Esperamos que vos guste.

 

Made with Padlet

DÍA DO LIBRO

O próximo xoves seá o día do libro, e o noso alumnado non deixa de traballar. Desde o centro estamos a traballar nun proxecto que esperamos presentarvos o xoves. Mentras tanto aquí vos deixo un enlace ao blogue de 6º de primaria no que podedes ler as opinións do alumnado de 6º sobre o último libro que leron no seu clube de lectura.

 

NOTAS 2ª AVALIACIÓN

A partir das 15:00h. de hoxe, estarán a disposicións das familias as cualificacións do alumnado na plataforma de AbalarMóbil.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

Este será o medio de acceder ás cualificación do alumnado, e tan só no caso de non poder acceder á plataforma, poderá solicitarse aos titores que  sexan enviadas por correo electrónico.

En ese caso, a solicitude cursarase a través dos correos dos titores facilitados nesta páxina web.

  • 4º EI: profenoelasigras@gmail.com
  • 5º EI: profefany9@gmail.com
  • 6º EI: estrelas5anos@gmail.com
  • 1º EP: clase1gtb@gmail.com
  • 2º EP: clase2GTB@gmail.com
  • 3º EP: clase3GTB@gmail.com
  • 4º EP: clase4GTB@gmai.com
  • 5º e 6º EP: clase5e6gtb@gmail.com
Distribuir contido