blogue deadmin |
|
|||
Esta venres celebrouse a representacion do musical "Una mala decisión" no Torrente Ballester. Os artistas foron o alumnado de 5º de EP. Levaban moito tempo traballando para que todo saise xenial (decorados, memorización, atrezo, ensaios...). E aquí tedes o resultado final. Foi unha marabilla. Agardamos que disfrutedes da representación tanto como eles. |
|||
O alumnado usuario dos servizos de transporte e comedor no curso actual 2021-22, ou o alumnado xa matriculado no centro que desexe facer uso dalgún dos servizos para o curso 2022-23, deberán facer a reserva da praza. Para realizala deberán seguir os seguintes pasos:
A non presentación de dita reserva considerarase como renuncia ao servizo. Para descargar a solicitude, premede na na imaxe seguinte:
*O alumnado de nova matrícula deberá cubrir este impreso no momento da formalización de matrícula (do 20 ao 30 de xuño). |
|||
|
|||
|
|||
O pasado venres adiantamos a celebración do día das nosas letras. A rapazada toda organizou unha romaría no anfiteatro da vila de Cambre. Tivemos actuacións musicais, lecturas da obra de Florencio Delgado, arte, pintura, sendeirismo e sobre todo desfrute, moito desfrute. Na seguinte presentación queremos compartir ese día con todas as familias. Así que agardamos que desfrutedes vendo o traballo de todo o alumnado, tanto como desfrutaron eles. |
|||
NOTA INFORMATIVA Ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 19 de maio de 2021 (DOG Núm.104 do 4 de xuño), a xefatura territorial resolveu autorizar o día 16 de maio como día non lectivo ao CEIP Gonzalo Torrente Ballester, polo que o próximo luns 16 non haberá clase. |
|||
|
|||
Xa está aberto o prazo de votación para o premio do público da V edición do concurso "Cantando coas mans" convocado pola FAXPG no que participa o centro por quinta vez. Tedes de prazo para votar a canción que máis vos guste ata o mércores 27 ás 12:00h. (a nós foi o do CEIP Torrente Ballester-Olvídame). Animádevos a votar!!!!!! Premede na imaxe para acceder á votación.
|
|||
Acabamos de recibir o xustificante de ingreso na conta de Save the Children dos cartos recadados na Carreira Solidaria deste ano. A cantidade total foi de 1579,3 euros. Moitísimas grazas a todos pola vosa colaboración neste proxecto solidario. Así mesmo recibimos o diploma acreditativo da participación do centro. Podedes premer no diploma para ver o xuntificante de ingreso. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »