blogue deadmin

CALENDARIO ESCOLAR 2022-23

 Para consultar a Orde depublicación do calendario escolar para o curso 2022-23, podedes premer na imaxe.

 

INFORMACIÓN ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR

AVISOS IMPORTANTES

 

O alumnado USUARIO DE COMEDOR deberá ter en conta a seguinte información:

  • O alumnado usuario do servizo de comedor que faga uso do mesmo en días alternos, ten que notificalo vía correo electrónico ao centro. De non facelo, cobraráselle polo servizo ainda que non fixera uso do mesmo.
  • O alumnado que por calquer imprevisto non vaia  facer uso do servizo de comedor, deberá notificalo ao centro por correo electrónico antes das 9:30 h dese mesmo día.
  • A recollida do alumnado será unha vez finalizado o servizo ás 16:30 h
  • Lembramos que o prazo para enviar o correo electrónico co informe médico das dietas especiais remata hoxe. Como o servizo de comedor se inicia o xoves 8, aqueles usuarios que non fixeran o trámite, non terán a súa dieta.

Un saúdo

MATERIAL ESCOLAR AULAS CURSO 2022-23

ABALARMOBIL

Lembramos a todas as familias que unha das canles de comunicación oficial coas familas é abalarMóbil. Polo que é obrigatorio ter descargada a aplicación no teléfono móbil.

Tedes toda a información premendo na seguinte imaxe.

INFORMACIÓN IMPORTANTE USUARIOS COMEDOR

AVISO IMPORTANTE

Os usuarios de comedor deberan ter en conta as seguinte informacións:

1.- Todos o alumnado que teña que pagar polo servizo, deberá descargar e cubrir o seguinte documento e envialo por correo electrónico á seguinte dirección de correo:

ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.gal 

O prazo de presentación será ata o día 16 de setembro.

                                  

2.- O alumnado que teña algunha alerxia deberá enviar á mesma dirección de correo electrónico o xustificante médico actualizado.

Neste caso o prazo de presentación será ata o día 6 de setembro.

INFORMACIÓNS VARIAS

NOTA INFORMATIVA (Modificada)

  • Todos os solicitantes de servizo de transporte e comedor para o curso 2022-23, teñen concedida a praza.
  • Todos os solicitantes deberán presentar no centro o Anexo II, podedes descargalo premendo na imaxe, no mes de xullo en hoario de atención ao público e en setembro ata o día 6.

 Importante: hai que usar a Declaración da Renda do 2021 usando: 

 casiña 435+casiña 460-casiña 595=X

 

 

 

 

 

O horario de atención ao público no mes de xullo para a recollida de vales de material e os historiais do alumnado de 6º será  de 10:00 a 13:00h. nos seguintes días:

  • Mércores 6
  • Xoves 7
  • Venres 8
  • Mércores 13
  • Xoves 14

(Por motivos de formación non se poderá atender o luns 11, martes 12 e venres 15).

LISTAXE FONDOS DE LIBROS-VALES MATERIAL

Xa están as listaxes provisionais do fondo de libros e dos vales de material.

Para saber si tedes concedido cheque ou vale, podedes chamar por teléfono ou no propio centro.

LISTAXE DE LIBROS CURSO 2022-23

NOVO HORARIO DE APERTURA DE CENTRO

 

DESDE MAÑÁ 23 DE XUÑO ATA NOVO AVISO,

O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO SERÁ DE

10:00h. A 13:00h.

(Lembramos que o venres 24 o centro permanecerá pechado por ser día festivo no Concello de Cambre)

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 22-23

Do 20 ao 30 de xuño estará aberto o prazo de formalización de matrícula para novo alumnado.

Tedes toda a información na seguinte presentación. As solicitudes deberán presentarse no centro en horario de secretaría. Luns de 9:40h a 10:20h e de 16:00 a 17:00h, martes e mércores de 9:40 a 12:20. A partir do xoves de 10:00h a 13:00h. Lembramos que o día 24 é día non lectivo por ser festivo no concello de Cambre.

Distribuir contido