blogue deadmin

PODCAST COVID-19

Novo podcast do alumnado de 5º de primaria. As súas reflexións e experiencias neste momento de dificultade.

Agardamos que vos guste.

RESOLUCIÓN ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

Xa está resolto o baremo para as solicitudes de admisión para o alumnado en 6º de Educación Primaria. Debido a LOPD non podemos publicar o listado na páxina web.

Para consultar a resolución final podedes chamar ao centro.

Continuamos cos prazos do proceso.

CANTAMOS COAS MANS 2020

Aquí vos deixamos toda a informción referente á participación no concurso "Cantando coas mans" convocado pola FAXPG. Son dous arquivos e un enlace ao Padlet que será a ferramenta escolida para que subades as vosas gravacións. 

Agardamos a vosa participación.

APRENDE, MELLORA, ENGÁNCHATE E VAI PRACTICANDO LSE.

Celébrase a IV Edición do concurso “CANTAMOS COAS  MANS” convocado pola FAXPG. Coma todos os anos queremos contar contigo na súa elaboración.

Podedes consultar as bases e os documentos que tedes que asinar para participar nel, como estamos a facer cada ano. Lembrade que hai documento para os adultos e outro para as crianzas.

 O mail que está habilitado para recibir as autorizacións e o do blog de música:

Correo: soutoswing@gmail.com

Tedes os vídeos da canción e do vocabulario na columna da dereita para que vaiades familiarizándoos con eles, e sobre todo practicando.

Aquí déixámosvos o enlace á información proporcionada pola FAXPG.

https://www.faxpg.es/aplazamiento-concurso-cantamos-manos-es.html

Este ano, debido a situación na que vivimos,  a colaboración terá que ser virtual. As gravacións faránse dende a casa e habilitarase unha padlet para que poidades  ir enviando os vosos vídeos.

Esta semana toca practicar divertirse e disfrutar. Na próxima semana publicarase as partes da canción signada que lle van a ser outorgadas a cada clase, para que gravades e logo subades a PADLET.

ALUMNADO ADMITIDO 20-21

Debido á LOPD non podemos publicar a listaxe do alumnado admitido no centro para o curso 2020-21.

Para consuntar a información sobre dito tema, premede na seguinte imaxe.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

Mañá mércores ábrese o prazo de solicitude para participar no fondo solidario de libros de texto.

Para unha boa realización do procedemento, é moi importante ter en conta o seguinte::

  1. NON SE PROPORCIONARÁN FORMULARIOS DENDE O CENTRO.
  2. LER BEN AS INSTRUCCIÓNS PARA EVITAR VIAXES INNECESARIAS.

O prazo de presentación de solicitudes será do 20 de maio ata o 19 de xuño (ambos inclusive).

As familias que decidan presentar a documentación presencialmente, lembrarlles que o horario será de luns a venres de 10:00 a 13:00h.

Tedes toda a información a continuación premendo nos enlaces.

Unh vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase o calendario de presentación de reclamacións e de recollida de vales. 

Según vaia avanzando os prazos do proceso, iremos publicando as distintas informacións  nesta mesma páxina web.

 

*Acabase de recibir da Dirección Xeral de centros que hai un erro nas bases da convocatoria. Reproducimos a mensaxe enviada á espera de corrección no DOG.:

 "O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.


Vaise facer a oportuna corrección da orde no Diario Oficial de Galicia."

CALEROTRIVIAL (actividade Letras Galegas 2020)

Como ben sabedes o próximo domingo celebramos o Día das Letras Galegas 2020.

Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero. O alumnado de 6º de primaria estivo investigando sobre a súa vida, cousas e momentos importantes, e outras non tanto. Aquí vos deixamos o seu magnífico traballo de investigación. Podedes xogar a buscar as respostan antes de consultalas.

Esperamos que vos guste.

LETRAS GALEGAS 2020

Como ben sabedes o próximo 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Esta ano adicado a Ricardo Carvalho Calero. Dende ocentro estamos a facer unha tarefa común para todo o alumnado. O funcionamento da actividade xa o coñecedes. Esperemos que vos guste.

Made with Padlet

REAPERTURA PROCESO ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

Reábrese o prazo de admisión do novo alumnado. O novo prazo para presentación de documentación será o seguinte:

  • Datas: dende o luns 11 de maio ata o luns 18 de maio.
  • Horario de recollida de solicitudes: de 10:00h ata as 13:00h. na secretaría do centro.

Para consultar o novo calendario para o resto do proceso, premede no enlace:

Calendario do proceso admisión de novo alumnado.

As normas de obrigado cumprimento para toda persoa que acceda ao centro, serán as seguintes:

  • Só poderá acceder unha persoa ao centro por cada solicitude ou consulta.
  • Non se pode  acudir con menores ao centro.
  • Deberán traer mascarilla de protección.
  • Deberán facer uso do hidroalcol á entrada do centro.
  • Non se farán fotocopias de ningún documento. Cada familia deberá traer 2 copias da primeira páxina do documento de solicitude (ANEXO II).

O resto de documentación podedes consultalo a continuación.

 

DÍA NON LECTIVO

Ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 20 de xullo de 2020 no que se aproba o calendario escolar 2019-20, lembramos que o próximo luns 4 de maio foi aprobado pola inspección educativa como día non lectivo.

Polo tantoese día non se enviarán tarefas ao alumnado.

Moito ánimo para todo o alumnado e as súas amilias. Xa queda menos.

Distribuir contido