Trasladámosvos as datas de interese con respecto ao Fonfo de Libros:
- PUBLICACIÓN DE LISTADOS PROVISIONAIS: 5 de xullo
- PERIODO DE RECLAMACIÓNS AO LISTADO PROVISIONAL: 6, 7 de xullo
- PUBLICACIÓN DE LISTADOS DEFINITIVOS: 9 de xullo
- ENTREGA DE VALES: 12,13 e 14 de xullo
VARIAS CONSIDERACIÓNS
- As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes ao da publicación da listaxe provisional; o centro deberá resolver e gravar as reclamacións na aplicación fondolibros
- A publicación dos listados, tanto provisionais como definitivos, estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios do interior do centro
- Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
ENTREGA DOS VALES
- A entrega dos vales dos libros de 1º e 2º e os de material escolar farase entre as 09 e as 13 horas nas datas establecidas. E logo a partir do día 1 de setembro
- A entrega dos vales farase exclusivamente á persoa titular da solicitude, de non ser posible deberá achegarse autorización escrita e copia do DNI das persoas titular e autorizada.
- Pregamos que a recollida se faga tomando as medidas preventivas oportunas.
- Os libros de texto de 3º e 4º entregarémolos no mes de setembro ao igual cos vales non recollidos no mes de xullo