Este curso 2018-2019 corresponde facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centro. No sector de nais/pais/titores renovaranse catro membros, dos cales un será proposto pola ANPA. Como xa sabedes o pasado día 25 de outubro realizouse o sorteo mediante o cal se procedeu a designar aos membros da Xunta Electoral, encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar, resultando:
-
Vanesa Rodríguez Araújo (presidenta)
-
Beatriz Fraga (mestra)
-
Esther Fidalgo (nai)
-
Severino Sánchez (PAS)
O día 6 de novembro constituíuse a Xunta Electoral e estableceuse o seguinte calendario de actuacións:
Do 7 ao 13 de novembro (das 9:00 do día 7 ata as 14 horas do día 13 de novembro, na secretaría do centro)
-
Reclamacións aos censos.
-
Prazo de presentación de candidaturas.
Mércores 14 de novembro:
-
Proclamación e posterior publicación de candidaturas presentadas.
-
Aprobación definitiva de censos electorais.
-
Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais.
Días 15 e 16 de novembro.
-
Prazo de reclamación á proclamación das candidaturas
Día 19 de novembro.
-
Proclamación definitiva de candidaturas.
Martes 27 de novembro:
-
Votación dos pais, nais e titores do alumnado, de 9:00 a 10:00 e de 13:30 a 14:30. horas.
Xoves 29 de novembro.
-
Proclamación e publicación de candidatos electos.
Máis información no arquivo adxunto.
A dirección
Adxunto | Tamaño |
---|---|
9 convocatoria sector pais.pdf | 580.88 KB |