Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Este curso 2018-2019 corresponde facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centro. No sector de nais/pais/titores renovaranse catro membros, dos cales un será proposto pola ANPA. Como xa sabedes o pasado día 25 de outubro realizouse o sorteo mediante o cal se procedeu a designar aos membros da Xunta Electoral, encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar, resultando:

  • Vanesa Rodríguez Araújo (presidenta)
  • Beatriz Fraga (mestra)
  • Esther Fidalgo (nai)
  • Severino Sánchez (PAS)

O día 6 de novembro constituíuse a Xunta Electoral e estableceuse o seguinte calendario de actuacións:

Do 7 ao 13 de novembro (das 9:00 do día 7 ata as 14 horas do día 13 de novembro, na secretaría do centro)

 

  • Reclamacións aos censos.         
  • Prazo de presentación de candidaturas.

Mércores 14 de novembro:

 

  • Proclamación e posterior publicación de candidaturas presentadas.
  • Aprobación definitiva de censos electorais.
  • Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais. 

 

Días 15 e 16 de novembro.

 

  • Prazo de reclamación á proclamación das candidaturas 

Día 19 de novembro.

 

  • Proclamación definitiva de candidaturas.  

 

Martes 27 de novembro: 

 

  • Votación dos pais, nais e titores do alumnado, de 9:00 a 10:00 e de 13:30 a 14:30. horas.

Xoves 29 de novembro.

 

  • Proclamación e publicación de candidatos electos.

Máis información no arquivo adxunto.

 

 A dirección

 

AdxuntoTamaño
9 convocatoria sector pais.pdf580.88 KB


blog | by Dr. Radut