Informamos ás familias que a partir de hoxe xa poden solicitar as seguintes axudas municipais:
- Axudas de libros de texto e material escolar para alumnos de 2º ciclo de educación infantil (4º, 5º e 6º). Poden recoller na secretaría do colexio o ANEXO I e un xustificante do centro no que se fai constar que para o curso 18/19 están matriculados ou teñen reserva de matrícula.
- Axudas de comedor para alumnos de 2º ciclo de educación infantil (4º, 5º e 6º), alumnado de primaria e de secundaria. Poden recoller na secretaría do colexio o ANEXO I e un xustificante do centro no que se fai constar que para o curso 18/19 están interesados no servizo de comedor.
Prazo de presentación: do 31 de maio ao 27 de xuño (20 días dende o seguinte á publicación do estracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia).
Lugar de presentación: presentaranse a través do rexistro xeral municipal ou por calquera dos medios previstos no Art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. É necesario pedir cita previa a través de www.vigo.org, ou chamando aos teléfonos 010 ou no 986 810 260.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
tríptico informativo | 1.07 MB |
impreso solicitude | 149.33 KB |