Skip to Content

PROGRAMA DE ALERTA ESCOLAR

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a poñer en marcha, coma outros anos, o Programa de Alerta Escolar en colaboración coa Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.

Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico que conte con coñecementos dos nenos e nenas con esta problemática.

As patoloxías que se poden incluir no programa son: Epilepsia, Hipoglicemia (diabetes) e Shock Anafiláctico producido por algún tipo de reacción alérxica.

Para ver máis información na páxina da Consellería de Educación.

IMPRESO MODELO DE SOLICITUDE NA SECRETARÍA DO CENTRO

 



page | by Dr. Radut