ROLDA DE EXPERIMENTOS

FACEMOS QUEIXO NA NOSA ROLDA DE EXPERIMENTOS. AULA DE 4 ANOS.

Este curso 2014/15 estivo adicado a ciencia no CEIP Gándara-Sofán. Cando tocou o noso turno, na rolda de experimentos, puidemos amosar a todo o alumnado como empregando vinagre, ou limón, podemos romper a proteina caseina do leite e obter queixo. Co vinagre parte da proteina precipita en forma de soro líquido e o resto forma o queixo. Os nenos e nenas de 4 anos fixérono moi ben na exposición!!

O material empregado foi: leite quente, vinagre e filtros de café.

1. Quentamos o leite e engadimos o vinagre.

2. Amosamos como se separa a caseina do leite.

3. Filtramos o queixo.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design