O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Dentro da actividade relacionada co sabor da aventura está no mar, realizamos unha saída a Muros. Alí coa axuda dunhas monitoras, visitamos o muiño da marea donde realizamos varias actividades, despois invitáronnos a comer un menú  mariñeiro e pola tarde leváronnos á lonxa a ver o peixe e comprobar como se fai unha subasta !!!

 

A AVENTURA ESTÁ NO MAR

Este curso estamos participando no programa Aliméntate Ben e unha das modalidades é : "A aventura está no mar". Viñeron ao noso cole adarnos información sobre o peixe e a súa importancia, fixemos de mariñeiros e incluso nos deron un carné!!!. Que ben o pasamos!!!